Xoves, 12 de novembro Xinzo 13° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Noticias

Novidades

10 noticias

Luns, 2 de novembro

Concello de Xinzo de Limia · 2 nov. Xinzo de Limia

Xinzo desbloquea as obras en Trandeiras e aproba un crédito de 2,5 millóns

O Concello de Xinzo de Limia aprobou esta semana desbloquear a segunda fase das obras no Mosteiro de Trandeiras e solicitar un crédito para garantir a liquidez das arcas municipais. Tras resolver as esixencias de Patrimonio, o Concello xa pode avanzar na licitación das obras hidráulicas do Mosteiro de Trandeiras. Ademais, acordáronse os seguintes puntos económicos e de xestión: Crédito de 2,5 millóns: Pedirase este préstamo para pagar débedas pendentes e adiantar o custo de proxectos que máis…

Xoves, 29 de outubro

Concello de Xinzo de Limia · 29 out. Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo busca novos comerciantes para cinco postos na Praza de Abastos

O Concello de Xinzo de Limia abriu o proceso para adxudicar os cinco postos que quedan baleiros na recentemente renovada Praza de Abastos, que ten prevista a súa apertura para este mes de decembro. Actualmente, xa están adxudicados 7 dos 12 espazos dispoñibles. Os postos que seguen sen dono son: Peixaría Charcutaría Carnizaría Bar de tapas Zona de comida para levar As persoas interesadas en abrir un destes negocios poden acudir ao Concello para recibir asesoramento e facilidades durante…

Martes, 3 de febreiro

Concello de Xinzo de Limia · 3 feb. Xinzo de Limia Boado Damil Lamas

Activación do Plan de Emerxencia por Inundacións en Xinzo de Limia

Xinzo de Limia, 3 de febreiro de 2026. Ante a grave situación provocada polas intensas chuvias e o desbordamento de ríos, o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, activou oficialmente o "Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións en Xinzo de Limia". Esta medida implica a posta en marcha dun Posto de Mando Avanzado (PMA), liderado polo propio alcalde, para coordinar os efectivos da Policía Local e Protección Civil e xestionar a emerxencia de xeito centralizado. O obxectivo…

Martes, 4 de novembro de 2025

Concello de Xinzo de Limia · 4 nov. 2025 Xinzo de Limia

Xinzo de Limia prepara a terceira edición do Patapas

O Concello de Xinzo de Limia e a hostalaría local colaboran para organizar a terceira edición do Patapas, o Concurso de Tapas de Pataca. O obxectivo é aumentar a participación e favorecer a rotación do público por todos os establecementos, incluídos os situados fóra do centro. Introduciranse novidades nas bases e a dotación dos premios aumentará un 30%, ata os 3.500 €. O venres 14 de novembro pecharase a inscrición de locais. Posteriormente, daranse a coñecer a cartelería, a listaxe de…

Mércores, 29 de xaneiro de 2025

Concello de Xinzo de Limia · 29 xan. 2025 Xinzo de Limia

Seguridade no Entroido de Xinzo de Limia 2025

Xinzo de Limia, 29 de xaneiro de 2025. O Concello de Xinzo de Limia ten todo preparado para garantir a seguridade durante o Entroido 2025, festa declarada de Interese Turístico Internacional e unha das citas máis multitudinarias do calendario festivo galego. Como en anos anteriores, o Plan de Autoprotección do evento inclúe medidas de prevención e resposta ante posibles incidencias, grazas á coordinación entre os diferentes corpos de seguridade e emerxencias. Entre as novidades deste ano…

Martes, 29 de outubro de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 29 out. 2024 Xinzo de Limia

O II Concurso de Patapas de Xinzo ampliará a súa duración e contará con máis locais participantes

Xinzo de Limia, a 29 de outubro de 2024. O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración co sector hostaleiro, anuncia as datas e o formato do II Concurso de Patapas, que nesta edición estenderá a súa duración para dar resposta á gran acollida da súa primeira convocatoria. O evento celebrarase durante tres fins de semana consecutivos, abranguendo do 21 ao 24 de novembro, do 28 de novembro ao 1 de decembro e do 5 ao 8 de decembro, con horario de xoves a domingo, tanto ao mediodía como pola noite.…

Mércores, 28 de agosto de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 28 ago. 2024 Xinzo de Limia

Alimagro converte esta fin de semana a Xinzo de Limia no escaparate do sector agrario nacional

Xinzo de Limia, a 28 de agosto de 2024. A V edición de Alimagro volverá ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de Limia (Ourense), do 31 de agosto ao 1 de setembro, cunha exposición de maquinaria; a Feira da Pataca, que inclúe a segunda Xornada Técnica dedicada ao cultivo, e a Feira do Comercio. Esta feira, organizada polo Concello de Xinzo de Limia coa colaboración da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida da Pataca de Galicia, o…

Mércores, 20 de marzo de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 20 mar. 2024 Xinzo de Limia

O alcalde de Xinzo e o presidente da CHMS supervisan as obras de reconstrución do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras

Xinzo de Limia, a 19 de Marzo de 2024.  Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, acompañado de José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-SIL (CHMS), visitaron hoxe o mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras para supervisar o remate das obras de consolidación de infraestructuras hidráulicas e de reconstrución deste importante elemento patrimonial para a comarca da Limia. Durante as obras consolidáronse restos do mosteiro así como das súas canalizacións de auga ó longo de máis…

Xoves, 25 de xaneiro de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 25 xan. 2024 Xinzo de Limia

O Concurso de Patapas gaña o primeiro premio nacional

Xinzo de Limia, a 25 de xaneiro de 2024.  O I Concurso de Patapas da Limia gaña o primeiro premio ó mellor proxecto gastronómico durante os Premios Nacionais da Pataca, impulsados pola revista Campo a nivel estatal. Logo do éxito colleitado polo Concurso de Patapas a nivel local, comezan a chegar recoñecementos externos á iniciativa promovida polo Concello de Xinzo de Limia en forma de xornadas gastronómicas. Cómpre lembrar que durante o concurso se cociñaron máis de 8.000 patapas, dinamizando…

Sábado, 20 de xaneiro de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 20 xan. 2024 Xinzo de Limia

Xinzo de Limia acolle a primeira xuntanza de Policías Locais

Xinzo de Limia, a 19 de xaneiro de 2024.  No día de hoxe celebrouse en Xinzo de Limia a primeira reunión de Policías Locais entre oito concellos da nosa provincia:  Allariz, Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. Á súa chegada a Xinzo, os distintos axentes foron recibidos polo alcalde de Xinzo, Amador Díaz, o concelleiro de mobilidade Moncho Gómez, e o inspector xefe da Policía Local José Manuel Estévez, quen foi promotor desta iniciativa.…

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser