← Volver Concello de Xinzo de Limia

O II Concurso de Patapas de Xinzo ampliará a súa duración e contará con máis locais participantes

O II Concurso de Patapas de Xinzo ampliará a súa duración e contará con máis locais participantes

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 29 de outubro de 2024. O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración co sector hostaleiro, anuncia as datas e o formato do II Concurso de Patapas, que nesta edición estenderá a súa duración para dar resposta á gran acollida da súa primeira convocatoria. O evento celebrarase durante tres fins de semana consecutivos, abranguendo do 21 ao 24 de novembro, do 28 de novembro ao 1 de decembro e do 5 ao 8 de decembro, con horario de xoves a domingo, tanto ao mediodía como pola noite.
O prezo de cada pincho manterase en 2 euros, garantindo así o acceso a unha ampla variedade de creacións gastronómicas nos diferentes locais participantes. Cada establecemento ofrecerá un pincho único elaborado con pataca limiá que deberá estar dispoñible durante todo o concurso, facilitando que as persoas asistentes poidan planificar a súa ruta e gozar dun percorrido gastronómico variado e de calidade.
Nesta segunda edición, o evento contará cunha maior participación de establecementos, un feito que pon de manifesto o compromiso da hostalería local coa dinamización económica e social do municipio. Ademais, as persoas que participen na ruta de bares terán a oportunidade de optar a premios que suman máis de 2.500 euros, un aliciente que incrementa o interese tanto entre veciñanza coma entre visitantes. Estes premios serán gastados en calquera establecemento local, xerando un retorno positivo tamén para os negocios do municipio.
Para fortalecer a difusión e dinamización, repetirase o sorteo nas redes sociais, un elemento que o ano pasado demostrou o seu potencial cun alcance de máis de 200.000 impactos.  Animamos a todos os veciños e visitantes a reservar as datas e preparar o apetito para este II Concurso de Patapas, que promete ser unha festa gastronómica para o padal e un impulso para o comercio local.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Novidades xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Proceso de selección para o Obradoiro de Emprego
Concello de Vilar de Santos Proceso de selección para o Obradoiro de Emprego
Este mércores, 23 de setembro, iniciarase a oferta no SEPE para o proceso de selección das persoas participantes no Obradoiro de Emprego. As persoas interesadas en formar parte do proceso deberán estar anotadas no SEPE especificamente para este obradoiro antes do mércores 23 de setembro. Para realizar este trámite, é necesario acudir ao SEPE e […]
21 de septiembre de 2026 1 min lectura
Un condutor ferido ao chocar contra unha rotonda en Xinzo de Limia
Diario do Limia Un condutor ferido ao chocar contra unha rotonda en Xinzo de Limia
Un home de 39 anos resultou ferido este mércores tras perder o control do seu coche e subir por riba dunha rotonda na entrada de Xinzo de Limia, na ligazón coa autovía A-52. O condutor, que viaxaba só nun Saab 9-3, non viu a rotonda a tempo a pesar de intentar frear durante uns 30 metros. O impacto activou todos os airbags do vehículo. Estas son as consecuencias e medidas tomadas: Estado de saúde: O home sufriu unha conmoción e foi trasladado polo 061 a Ourense, sen fracturas apparentes de gr…
6 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser