← Volver Concello de Xinzo de Limia

O alcalde de Xinzo e o presidente da CHMS supervisan as obras de reconstrución do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras

O alcalde de Xinzo e o presidente da CHMS supervisan as obras de reconstrución do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 19 de Marzo de 2024.  Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, acompañado de José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-SIL (CHMS), visitaron hoxe o mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras para supervisar o remate das obras de consolidación de infraestructuras hidráulicas e de reconstrución deste importante elemento patrimonial para a comarca da Limia.
Durante as obras consolidáronse restos do mosteiro así como das súas canalizacións de auga ó longo de máis de 500 metros. Tamén se reconstruiron con pedras caídas moitos algúns dos muros do propio mosteiro, co gallo de frear o seu deterioro e facer posible a súa apertura de cara ó público. “Unha vez máis ponse en valor a importancia da colaboración entre o Concello e as diferentes institucións supramunicipais” indicou Amador Díaz, á vez que solicitaba “seguir investindo en Trandeiras, nun mosteiro cun gran potencial patrimonial e turístico”.
Cabe destacar que durante as tarefas de reparación se descubriron estruturas e elementos non visibles ata o de agora, como pode ser o lavatorium na esquina norte do claustro. Todo o proceso foi documentado e coordinado coa axuda dun arquitecto e un arqueólogo, ambos especialistas en intervencións de edificios históricos que nos axudan a comprender a vida neste tipo de comunidades.
A obra finaliza coa instalación de portas nos accesos, así como a pavimentación e sinalización dun percorrido con paneis informativos orientados á creación de visitas didácticas.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Novidades xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Xinzo organiza un curso de formación sobre integración e inclusión social
Diario do Limia Xinzo organiza un curso de formación sobre integración e inclusión social
O Concello de Xinzo de Limia e a Universidade de Santiago (USC) organizan un curso sobre inclusión social para persoas inmigrantes e de acollida, que se celebrará entre o 17 de setembro e o 10 de outubro. A formación, de 90 horas de duración, combina clases presenciais e virtuais para tratar temas como a educación, a igualdade, o lecer e o papel das entidades públicas na integración. O programa conta coa participación de expertos da USC e representantes de organismos como a Xunta ou a Oficina d…
31 de agosto de 2026 1 min lectura
A Festa do Esquecemento revive a histórica batalla do río Lethes
Diario do Limia A Festa do Esquecemento revive a histórica batalla do río Lethes
A XXVI edición da Festa do Esquecemento reuniu a castrexos e romanos na recreación do cruce do río Lethes, un dos momentos máis destacados da celebración en Xinzo de Limia. O evento, que contou cunha gran asistencia de público, centrouse na loita entre os dous bandos nunha posta en escena que converteu a beira do río no protagonista da xornada. As actividades incluíron: O cruce do río: A representación histórica do paso polo río Lethes. A batalla: O enfrontamento multitudinario entre as lexió…
24 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser