Xoves, 12 de novembro Xinzo 13° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

Alimagro converte esta fin de semana a Xinzo de Limia no escaparate do sector agrario nacional

3 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
28 ago. 2024
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 28 de agosto de 2024. A V edición de Alimagro volverá ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de Limia (Ourense), do 31 de agosto ao 1 de setembro, cunha exposición de maquinaria; a Feira da Pataca, que inclúe a segunda Xornada Técnica dedicada ao cultivo, e a Feira do Comercio. Esta feira, organizada polo Concello de Xinzo de Limia coa colaboración da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida da Pataca de Galicia, o Inorde e Coren, sitúase entre as dez maiores feiras do sector a nivel nacional.
 
O programa da feira
 
Durante os tres días que dura a feira, os asistentes poderán gozar dun nutrido programa de actividades dentro do recinto feiral, como showcookings patrocinados pola Escola de Cociña Fariña Branca e a compañía Patatas Meléndez, degustacións, o Concurso de Patacas Fritas Devorajalys ou os tradicionais concertos de gaitas. Como prato forte, destaca a elaboración na tarde do sábado da tortilla de patacas xigante, que pretende bater de novo o récord e que se elaborará con 1.500 ovos e máis de 300 kg de pataca. Os asistentes á feira poderán degustar a maxestuosa tortilla a partir das 19:00 h.
 
Diferentes espazos
 
A feira, que se converteu nun evento de referencia nacional, divídese en varios espazos: a exposición de maquinaria rodeará o Parque do Toural e estenderase ao longo da avenida do Dous de Maio. Dez compañías mostrarán unha representación das principais marcas de maquinaria. Así mesmo, a carpa que acollerá a Feira da Pataca contará con 15 stands. A cita conta cun espazo moi importante dedicado á innovación vinculada á maquinaria agrícola. O visitante poderá coñecer todas as novidades en relación cos tractores e a maquinaria empregada nos principais cultivos da comarca e de Galicia, desde a pataca ao viñedo. Estarán presentes todas as grandes marcas que operan no mercado, o que reforza a condición de Alimagro como referente agrario do noroeste peninsular.
 
II Xornada Técnica da Pataca
 
Nese mesmo sentido, destaca a segunda edición da Xornada Técnica da Pataca, que terá lugar na mañá do venres no stand institucional da carpa e que permitirá aos asistentes analizar os principais retos que ten o cultivo. Profesionais nacionais de primeiro nivel debaterán sobre a sementa da pataca: claves do éxito; sanidade vexetal: un reto para o cultivo da pataca, e os mercados e tendencias no sector da pataca.
Máis información e inscricións en: https://alimagro.es/gl/
 

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser