← Volver Concello de Xinzo de Limia

O Concurso de Patapas gaña o primeiro premio nacional

O Concurso de Patapas gaña o primeiro premio nacional

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 25 de xaneiro de 2024.  O I Concurso de Patapas da Limia gaña o primeiro premio ó mellor proxecto gastronómico durante os Premios Nacionais da Pataca, impulsados pola revista Campo a nivel estatal.
Logo do éxito colleitado polo Concurso de Patapas a nivel local, comezan a chegar recoñecementos externos á iniciativa promovida polo Concello de Xinzo de Limia en forma de xornadas gastronómicas. Cómpre lembrar que durante o concurso se cociñaron máis de 8.000 patapas, dinamizando 30.000€ durante dúas fins de semana históricamente baixas para a hostalería. Repartíronse 2.500€ en premios a 20 das persoas participantes no concurso, que pecharon o ciclo gastando estes cartos no comercio local. Ademais, o Concurso de Patapas superou tódalas expectativas en canto a impactos nas redes sociais e nos medios de comunicación.
Por último, queremos amosar o noso agradecemento público ós ideólogos dos Premios Nacionais da Pataca, ó xurado que nos escolleu como proxecto gañador, e por suposto, á veciñanza que participou do I Concurso de Patapas da Limia para convertilo nun éxito absoluto.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Novidades xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Activando o corpo das mulleres
Concello de Sandiás Activando o corpo das mulleres
O vindeiro 16 de setembro ás 18:00 h, temos unha nova cita en Sandías co programa Rosalía, unha iniciativa para promover a saúde, o benestar e o empoderamento das mulleres. 💜 🧘‍♀️ Será unha actividade pensada para conectar co noso corpo, coidarnos e compartir un espazo agradable con outras mulleres. 📍 Casa da Cultura de […] La entrada Activando o corpo das mulleres se publicó primero en Concello de Sandiás.
16 de septiembre de 2026 1 min lectura
Así vivimos «A incrible historia da maxia» co Mago Teto
Concello de Vilar de Santos Así vivimos «A incrible historia da maxia» co Mago Teto
O pasado sábado, Vilar de Santos desfrutou da actuación do Mago Teto co seu espectáculo «A incrible historia da maxia». Pequenos e maiores puideron achegarse ao mundo do ilusionismo a través dunha proposta chea de maxia, curiosidades e sorpresas. 📸 Compartimos unha selección de imaxes desta xornada. Grazas a todas as persoas que nos acompañaron!
11 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser