O Concello de Xinzo solicita que a Festa do Esquecemento sexa declarada de Interese Turístico Rexional
O Concello de Xinzo de Limia iniciou os trámites para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Rexional para a Festa do Esquecemento, unha celebración consolidada que cada mes de agosto recrea a historia e lendas da romanización na comarca da Limia. A iniciativa, que busca poñer en valor o patrimonio histórico e dinamizar a economía local, conta co respaldo dun exhaustivo informe redactado polo historiador Edelmiro Martínez Cerredelo. Este documento detalla a importancia da…










