← Volver Blogs

Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia).

Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia).

Fotografía de arquivo. A Limia News.

As últimas noticias de Juan Sorga, son da súa fuxida na que trataban de chegar a Francia polos Pirineos. Do que sucedeu no tren no que a policía lles pide a identificación, esto é o que di o atestado: .

A partir deste momento todo foron especulacións, que si chegou a Francia, que si se matou ao tirarse do tren, que o Partido Comunista fixo indagacións co Partido Comunista francés e non atoparon nada, etc. etc. O silencio absoluto, nin a muller e os fillos, nin no resto da familia ou amigos, nunca máis souberon del.
Fai uns días recibín un correo no que Martín Huguet, que se presentaba como neto, . Interesábase pola estancia dos guerrilleiros en o Vago (Melgac,o) Portugal. E interesado tamén en conseguir o meu libro “Historia e Memoria. A Limia 1931-1953”.
Tivemos unha primeira entrevista na que me comentou o que sabía da historia do seu avó e outra na que me filmou outra entrevista para un documental que está a preparar.

Manuel Iglesias Méndez (Juan Sorga) no laboratorio
A miña sorpresa foi cando me contou que o seu avó, logo do episodio do tren, ocultouse debaixo dun vagón e foi colgado del durante tres horas ata Zaragoza. Sorprendentemente non continuou a Francia, se non que volveu a Madrid, onde tiña amigos e debía funcionar clandestinamente unha cadea de apoio aos republicanos fuxidos. Alí con axuda dunha cartilla do seguro obreiro, a nome de Manuel Iglesias Méndez[3], cambia de identidade e a partir dese momento Juan Sorga pasa a ser Manuel Iglesias Méndez, con esta identidade comeza a traballar nun laboratorio, ao parecer o director era de ideas republicanas. Nese mesmo laboratorio traballaba unha guapa viúva chamada Francisca Muñoz Muñiz, coa que pouco despois comeza unha relación amorosa.

Francisca Muñoz Muñiz a secretaria do laboratorio.
Fai unha vida normal, ata realiza un par de viaxes a Alicante, o neto non sabe os motivos, pero eu creo que posiblemente foran de vacacións. Segue residindo en Madrid e alá polo ano 1958/1959, despois da visita do presidente americano, e seguramente perdida a fe na posibilidade de que as democracias occidentais acabaran con réxime de Franco, trasladase a París (Francia), e posteriormente o segue Francisca, alí contraen matrimonio Manuel Iglesias Méndez e Francisca Muñoz Muñiz. Manuel traballa como fontaneiro na construción, e teñen familia, unha filla e un fillo.
Posteriormente, parece incrible e temerario, mercan sobre o ano 1979, un apartamento en Oliva (Valencia), onde veñen a desfrutar as vacacións de verán moitos anos. Manuel (Juan Sorga) falece en Paris o ano 2009 e Francisca en 2023.
Parece ser que sempre lles oculto a nova familia a súa vida pasada, inda que da pouca que lles facilitou era a de que nacera en Verín. Cando o pasamento da avoa, coa data de nacemento dos documentos franceses, o neto Martín viaxa a Verín a comprobar no Rexistro Civil a partida de nacemento do avó, e non atopa nada. Entón publica un anuncio nun xornal, creo que o dixital Diario do Támega, pedindo axuda para atopar información, alguén o viu e se puxeron en contacto e a partir de aí soubo da verdadeira historia do seu avó, e a existencia dunha fillado primeiro matrimonio, do que enviuvou e da segunda muller coa que tivera un fillo.

O neto francés está recollendo información e filmando lugares e entrevistas con numerosas persoas, coñecedoras do tema de guerrilla, quere facer un documental sobre a vida do seu avó que espera proxectar na nosa terra.

Manuel Iglesias Méndez (Juan Sorga) e a súa dona Francisca Muñoz Muñiz na voda da súa filla posiblemente nos anos 90.
1 O guerrilleiro, Manuel Rodríguez, foi xulgado en Madrid e condenado a pena de morte, executada en dita cidade ás cinco da mañá do día 3 de setembro de 1951 polo método do “garrote vil”. O amigo de Xoán Sorga, que os acolleu na casa, Agustin Gualberto, foi condenado a tres anos de cadea  menor.
2 AMIRMN. Causa militar nº 201/50, da 1ª Rexión militar. Madrid.
[3] Unha posible teoría é que fora a cartilla dalgún desaparecido ou paseado durante a guerra, que aproveitaron para a nova identidade de Sorga.
Para saber máis sobre a guerrilla e Joan Sorga, no meu libro Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953, onde fun o primeiro investigador que sacou a luz a historia da guerrilla antifranquista na Limia, ou podes visitar o meu blog nos seguintes enlaces:

Os maquis na Limia (1948): os sucesos de Pazos de Codosedo (Sarreaus).
[embedded content]

O maquis na Limia. Pazos de Codosedo 2ª parte: a versión da Garda Civil
[embedded content]

A morte do guerrilleiro Perfecto Dios en Chaherrero (Ávila) e nova fuga de Xoán Sorga
[embedded content]

.

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

Ver noticia completa
blog historia de xinzo Uncategorized
Tamén che pode interesar
Historia da Praza Maior de Xinzo
Blogs Historia da Praza Maior de Xinzo
A Praza Maior foi sempre, desde tempo inmemorial, o centro neurálxico da vida comercial e social da vila de Xinzo. Nesta praza, en tempos pasados, situábanse as principais casas das familias fidalgas, das que lamentablemente pouca historia coñecemos. Nela encóntranse dúas das escasas labras heráldicas que temos na vila, nas antigas propiedades da familia Velasco. Na praza, de forma irregular, celébranse as feiras polo menos dende o século XVI.  Neste tempo, soamente existía a feira do día 14 de …
5 de agosto de 2019 9 min lectura
Blogs
Blogs Conclusiones
La desecación definitiva de la Laguna de Antela se llevo a cabo en 1958 bajo la Dictadura franquista, sin embargo los intentos de realizar esta obra se llevaban produciendo a lo largo de todo el siglo XIX. Los argumentos que se daban para justificar la desecación no variaron a lo largo de los años, por una parte se consideraba necesario deshacerse del lastre que suponía para la zona de la Limia, a la que consideraban un terreno muy fértil y productivo, la laguna de Antela. Por otra parte, se cr…
4 de febrero de 2016 3 min lectura
Foto Brindes-Foto Mati: fotógrafos por accidente.
Blogs Foto Brindes-Foto Mati: fotógrafos por accidente.
Matilde Gándara  Alá polo ano 1970, regresan da emigración en Suíza Matilde Gándara e seu home, Brindes Blanco Rodríguez. De alí a pouco, e case sen experiencia, instalan no comedor da súa casa, alugada na hoxe rúa do Toural, un estudio fotográfico co nome de Foto Brindes, para se dedicaren profesionalmente á fotografía. Aproveitan a escuridade do cuarto máis pequeno para o utilizaren como laboratorio.  Ao principio comezan por facer reportaxes de voda cunha cámara moi sinxela, unha Werlisa de …
25 de septiembre de 2017 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser