← Volver Blogs

A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira.

A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O escultor limiao Xoxé Lois Carreira está a traballar arreo para rematar a monumental escultura  da doutora limiá Olimpia Valencia, escultura da que publico varias fotos. O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, coma sempre a pleno sol, no alto do andamio, batendo concienzudamente na pedra co mazo e cicel, cuberto de po e suor.
É moi sacrificado o traballo sobre a pedra do noso artista.
Xosé Lois Carreira perfila un dos proxectos máis complexos que acometeu nos últimos tempos. O escultor xa ten avanzado o traballo da monumental estrutura en granito que se colocará diante do hospital Alvaro Cunqueiro da cidade de Vigo. A monumental escultura posiblemente este rematada a finais do mes de setembro.

Para saber máis da traxectoria do artista e escultor limiao Lois Carreira podes ler o seu currículo no meu blog:

A escultura «A Dama da Lagoa» de Xosé Lois Carreira.
[embedded content]

Olimpia Valencia López, nace o 14 de decembro de 1898, en Baltar, foi unha muller aavanzada para o seu tempo ao converterse na primeira licenciada en medicina de Galicia. Filla única, viviu en Vigo desde os doce anos, os seus pais gozaban dunha posición acomodada.
Con 21 anos, en 1919, ingresa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, en 1925, convértese na primeira muller galega cunha licenciatura en Medicina. Por presións sociais trasládase a Madrid para doutorarse en xinecoloxía.
Ao finalizar os seus estudos regresa a Vigo en 1928, pasando consulta na súa clínica  de cálea Príncipe, nela exercerá medicina xeral e xinecoloxía, a súa especialidade.
Nos anos 40, ingresa na Seguridade Social e segue traballando, mesmo tras a súa xubilación, ata os 82 anos. Seis anos despois, en 1987, falecía en Vigo.
En xullo do ano 2017, a título póstumo, foi nomeada filla predilecta do concello de Baltar.

Para saber más sobre a doutora Olimpia Valencia:
https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2015/04/olimpia-valencia-y-xohan-carballeira.html

Olimpia Valencia, la primera médica de Galicia
[embedded content]

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

Ver noticia completa
blog historia de xinzo Uncategorized
Tamén che pode interesar
O Concello de Xinzo solicita que a Festa do Esquecemento sexa declarada de Interese Turístico Rexional
Blogs O Concello de Xinzo solicita que a Festa do Esquecemento sexa declarada de Interese Turístico Rexional
O Concello de Xinzo de Limia iniciou os trámites para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Rexional para a Festa do Esquecemento, unha celebración consolidada que cada mes de agosto recrea a historia e lendas da romanización na comarca da Limia. A iniciativa, que busca poñer en valor o patrimonio histórico e dinamizar a economía local, conta co respaldo dun exhaustivo informe redactado polo historiador Edelmiro Martínez Cerredelo. Este documento detalla a importancia da recreació…
1 de julio de 2026 2 min lectura
APROBACIÓN DE LA R.O DE 1956
Blogs APROBACIÓN DE LA R.O DE 1956
En 1956 el Instituto nacional de Colonización tomó la iniciativa de llevar a cabo, por fin, el proyecto que tantas veces había fracasado. Es por ello que en 1956 el Régimen Franquista promulgó, amparada en la ley Cambo[1], una ley que declaraba de “alto interés nacional” las obras de desecación y saneamiento, así como, su posterior concentración parcelaria.[2] En la R.O se menciona la incapacidad de los diversos concesionarios, que intentaron llevar a cabo el proyecto desde el año 1868. La orde…
27 de noviembre de 2014 7 min lectura
A fundación do convento do Bon Xesús de Trandeiras
Blogs A fundación do convento do Bon Xesús de Trandeiras
Vista da fachada e torre da igrexa. Foto Pepe Calleja No ano 1523 fúndase o convento do Bon Xesús de Trandeiras, que dirixen os franciscanos chamados por Alonso de Piña115. Segundo un curioso documento estudado por Couceiro Freixomil, relativo ás orixes, fundación e primeiros tempos do convento do Bon Xesús de Trandeiras –un escrito anónimo dunha copia orixinal que se daba por existente na colexiata de Xunqueira de Ambía-, apareceulle a Virxe a Xoán Folgoso e mandoulle edificar unha ermida en T…
24 de septiembre de 2018 14 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser