← Inicio
Etiqueta

Servicios Sociais

15 artigos

Renovación do convenio entre o Concello de Xinzo de Limia e a AECC
Concello de Xinzo de Limia Renovación do convenio entre o Concello de Xinzo de Limia e a AECC
Xinzo de Limia, 16 de xaneiro de 2025. O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) renovaron hoxe o acordo de cesión da sede local da asociación, demostrando o firme compromiso municipal coas persoas afectadas polo cancro na comarca. A firma do acordo, realizada no despacho da alcaldía, contou coa presenza do alcalde, Amador Díaz; do presidente da Asociación en Ourense, German Rodríguez-Saa; e da concelleira de Servizos Sociais, María Ángeles Martínez. A concel…
16 de enero de 2025 2 min lectura
Xinzo de Limia e a USC promoven a integración co Seminario “Implicación Familiar e Participación Social”
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia e a USC promoven a integración co Seminario “Implicación Familiar e Participación Social”
Xinzo de Limia, a 06 de novembro de 2024. O Concello de Xinzo de Limia organizará este mes de novembro o seminario “Implicación Familiar e Participación Social nas Comunidades de Acollida”, un evento que busca promover a integración e a colaboración intercultural entre os veciños e veciñas do municipio. Grazas á colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e á cofinanciación da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e Fondos Europeos, o seminario celebrar…
6 de noviembre de 2024 2 min lectura
Unha nova educación á vista: Rebelión Docente chega a Xinzo o 19 de outubro
Concello de Xinzo de Limia Unha nova educación á vista: Rebelión Docente chega a Xinzo o 19 de outubro
Xinzo de Limia, a 27 de setembro de 2024. O vindeiro 19 de outubro, Xinzo de Limia converterase no escenario dunha xornada educativa pioneira baixo o título “Rebelión Docente”. A iniciativa, dirixida a docentes, futuros mestres, educadoras e familias, está centrada en promover un cambio significativo no ámbito da educación infantil e primaria (0-12 anos). O evento contará coa participación de recoñecidos profesionais da educación e será coordinado por Inma Jardón, mestra e pedagoga natural da Li…
27 de septiembre de 2024 2 min lectura
A primeira edición de EXPOFAMILIA supera todas as expectativas e deixa pegada en Xinzo
Concello de Xinzo de Limia A primeira edición de EXPOFAMILIA supera todas as expectativas e deixa pegada en Xinzo
Xinzo de Limia, a 10 de setembro de 2024.  EXPOFAMILIA 2024 conclúe con gran éxito tras unha fin de semana dedicada á saúde e benestar familiar en Xinzo de Limia, os días 7 e 8 de setembro. O evento, organizado por Fusión Fitness, La Tribu – Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia, superou todas as expectativas, atraendo a público tanto da comarca como de cidades como Ourense, Vigo e A Coruña. A afluencia foi tan elevada que moitos dos obradoiros programados tiveron que ser duplicados para atender …
10 de septiembre de 2024 2 min lectura
EXPOFAMILIA: A cita imprescindible para a saúde e benestar familiar en Xinzo de Limia
Concello de Xinzo de Limia EXPOFAMILIA: A cita imprescindible para a saúde e benestar familiar en Xinzo de Limia
Xinzo de Limia, a 04 de setembro de 2024.  O 7 e 8 de setembro, Xinzo de Limia converterase no punto de encontro para as familias que buscan mellorar o seu benestar, coa celebración da I Feira da Saúde e do Benestar na Familia: EXPOFAMILIA. Este evento pioneiro terá lugar no Pavillón de Deportes, organizado por Fusión Fitness, La Tribu – Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia, e estará aberto de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 21:00. EXPOFAMILIA non é só un evento, senón unha oportunidade única para as…
4 de septiembre de 2024 3 min lectura
BENQUERER: A nova aposta de Xinzo pola igualdade e o respecto
Concello de Xinzo de Limia BENQUERER: A nova aposta de Xinzo pola igualdade e o respecto
Xinzo de Limia, a 13 de agosto de 2024. O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, puxo en marcha BENQUERER: un programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. Esta iniciativa do Concello de Xinzo de Limia ten como obxectivo promover a igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero a través da educación nas prácticas e valores de bo trato como modelo alternativo ao maltrato para a…
13 de agosto de 2024 2 min lectura
O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Xinzo cunha xuntanza da Comisión Executiva
Concello de Xinzo de Limia O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Xinzo cunha xuntanza da Comisión Executiva
Xinzo de Limia, a 26 de xuño de 2024. A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou a súa xuntanza mensual no Concello de Xinzo de Limia, en sinal de agradecemento pola súa recente adhesión a esta rede de administracións locais e provinciais comprometidas coa loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global. Xinzo é un dos dez municipios que se sumaron á asociación municipalista na primeira metade de 2024, reafirmando así o seu compromiso coa defensa dos De…
26 de junio de 2024 2 min lectura
Xinzo lidera a conversa sobre lonxevidade coa celebración das I Xornadas de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis
Concello de Xinzo de Limia Xinzo lidera a conversa sobre lonxevidade coa celebración das I Xornadas de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis
Xinzo de Limia, a 21 de xuño de 2024. Xinzo de Limia albergará as I Xornadas Intercomunitarias de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis os días 28 e 29 de xuño, un evento que reunirá expertos nacionais e internacionais para debater sobre os determinantes da lonxevidade e estratexias para un envellecemento activo e saudable. Este encontro está organizado polo Concello de Xinzo de Limia, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a  Plataforma Ourensividade e a Escola Rural de Saúde da Limia. O alcald…
21 de junio de 2024 2 min lectura
O 8M chega ó obradoiro de emprego de Xinzo
Concello de Xinzo de Limia O 8M chega ó obradoiro de emprego de Xinzo
Xinzo de Limia, a 07 de Marzo de 2024.  Os días 7 e 8 de Marzo de 2024 o Concello de Xinzo de Limia, a través do CIM, coincidindo coa Conmemoración do Día Internacional da Muller, impártese dende as 9:00 horas a Formación “Educando dende a Igualdade de Xénero”, dirixido ao alumnado do Obradoiro dual de Emprego dos Concellos de Xinzo de Limia e Sandiás.  Os obxectivos do obradoiro son: promover a igualdade, sensibilizar e concienciar ó alumnado da formación sobre a problemática que representa a v…
7 de marzo de 2024 2 min lectura
A “Seguridade Violeta” chega ós institutos de Xinzo
Concello de Xinzo de Limia A “Seguridade Violeta” chega ós institutos de Xinzo
Xinzo de Limia, a 05 de Marzo de 2024.  Dentro da programación do 8M, organizada polo CIM e a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde; os días 5 e 6 de marzo estase a desenvolver a actividade “Seguridade Violeta”, financiada a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Esta actividade pretende dar resposta á necesidade de educar en igualdade e na prevención de violencias machistas. Sendo moi conscientes de que é necesario intervir en todas as etapas evolutivas e en todo m…
5 de marzo de 2024 2 min lectura
Xinzo conmemora o 8M durante todo o mes de marzo
Concello de Xinzo de Limia Xinzo conmemora o 8M durante todo o mes de marzo
Xinzo de Limia, a 04 de Marzo de 2024.  A Concelleria de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, xunto co CIM de Xinzo, dentro da conmemoración do Día Internacional da Muller, e co obxectivo de sensibilizar sobre a igualdade de xénero e de dar visibilidade ás mulleres en ámbitos tradicionalmente considerados masculinos, organizan dentro do 8M, as seguintes actividades, financiadas a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero:  Os días 5 e 6 de marzo, terá lugar a actividade “Seguridade …
4 de marzo de 2024 3 min lectura