Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

Unha nova educación á vista: Rebelión Docente chega a Xinzo o 19 de outubro

2 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
27 set. 2024
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 27 de setembro de 2024. O vindeiro 19 de outubro, Xinzo de Limia converterase no escenario dunha xornada educativa pioneira baixo o título “Rebelión Docente”. A iniciativa, dirixida a docentes, futuros mestres, educadoras e familias, está centrada en promover un cambio significativo no ámbito da educación infantil e primaria (0-12 anos). O evento contará coa participación de recoñecidos profesionais da educación e será coordinado por Inma Jardón, mestra e pedagoga natural da Limia.
“Rebelión Docente” diríxese a todas aquelas persoas interesadas en transformar o modelo educativo actual, fomentando unha maior atención á intelixencia emocional, ó xogo, ó grafismo creativo e a unha educación respectuosa. O obxectivo da xornada é crear un espazo de reflexión e aprendizaxe que impulse novas prácticas educativas, facendo fincapé na importancia da psicoloxía e a neuroeducación no proceso de ensinanza.
A xornada estará liderada por Inma Jardón Rivero, natural da Limia, mestra de educación infantil e primaria, pedagoga e Máster en Necesidades Educativas e Atención Temperá. Jardón é tamén autora do álbum ilustrado infantil “¿De qué trata el amor?”, e coñecida defensora de métodos educativos baseados no desenvolvemento da intelixencia emocional e o xogo. Ademais, é fundadora e creadora de contido no popular perfil de Instagram @a_profe_inne, onde comparte recursos e ideas innovadoras para mestres e familias.
Inma Jardón destaca que a xornada é unha oportunidade para todos aqueles que queren apostar por unha educación máis respectuosa e adaptada ás necesidades dos nenos e nenas de hoxe en día: “A educación ten que evolucionar ao mesmo tempo que a sociedade. Este evento é unha chamada á reflexión e á acción, onde propoñeremos ideas e ferramentas para que a educación sexa máis humana e atenta ao desenvolvemento integral do alumnado.”
A xornada celebrarase o 19 de outubro en Xinzo de Limia, e está aberta a mestres, estudantes de maxisterio, educadoras, pedagogos e familias con interese en mellorar a educación infantil e primaria. O proceso de inscrición está en marcha nas súas redes sociais. 

Programación

Participantes

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser