Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

A primeira edición de EXPOFAMILIA supera todas as expectativas e deixa pegada en Xinzo

2 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
10 set. 2024
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 10 de setembro de 2024.  EXPOFAMILIA 2024 conclúe con gran éxito tras unha fin de semana dedicada á saúde e benestar familiar en Xinzo de Limia, os días 7 e 8 de setembro. O evento, organizado por Fusión Fitness, La Tribu – Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia, superou todas as expectativas, atraendo a público tanto da comarca como de cidades como Ourense, Vigo e A Coruña. A afluencia foi tan elevada que moitos dos obradoiros programados tiveron que ser duplicados para atender a demanda, o que reafirma o interese xeral polos contidos e actividades ofrecidas.
Nun ambiente cálido e familiar, as familias gozaron de talleres, actividades e charlas que abordaron desde a crianza respectuosa ata os hábitos saudables. A participación do pediatra Carlos González, recoñecido por ser un referente en temas de crianza, foi un dos momentos máis esperados da feira, enchendo a carpa coas súas ponencias sobre “Necesidades afectivas” e “Autoridade e límites”. A súa presenza foi un gran atractivo e congregou a familias de toda Galicia.
EXPOFAMILIA non só destacou pola súa programación, senón tamén polo seu impacto social. Grazas ás iniciativas promovidas durante o evento, logrouse a creación dunha nova familia de acollida e outras dúas están en proceso. Ademais, numerosas asociacións presentes no evento conseguiron un notable incremento de socios.
O éxito desta primeira edición deixa aberta a porta a un futuro prometedor, co desexo de que EXPOFAMILIA se consolide como un evento anual de referencia en Xinzo de Limia. 
 

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser