← Volver Concello de Xinzo de Limia

O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Xinzo cunha xuntanza da Comisión Executiva

O Fondo Galego dálle a benvida ao Concello de Xinzo cunha xuntanza da Comisión Executiva

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 26 de xuño de 2024. A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou a súa xuntanza mensual no Concello de Xinzo de Limia, en sinal de agradecemento pola súa recente adhesión a esta rede de administracións locais e provinciais comprometidas coa loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global. Xinzo é un dos dez municipios que se sumaron á asociación municipalista na primeira metade de 2024, reafirmando así o seu compromiso coa defensa dos Dereitos Humanos.
O alcalde, Amador Díaz, brindou un agarimoso acollemento ás dirixentes do Fondo Galego, encabezados polo presidente e alcalde de Nigrán, Juan González, xunto co vicepresidente e concelleiro de Cartelle, Daniel Fernández, a concelleira de Oleiros, Marga Figueroa, e mais os rexedores de Cuntis, Manuel Campos, e Baños de Molgas, Manuel Fernández, que ocupan cadansúa vogalía. O anfitrión tivo a oportunidade de presentarlles o irmandamento co Goberno Provincial de Tungurahua, en Ecuador, para impulsar a agricultura sostible e a economía circular en relación co cultivo e comercialización da pataca.
Durante a xuntanza adxudicáronse ademais as prazas do programa Especialistas en Cooperar, que enviará a tres técnicas e técnicos municipais a colaborar coas entidades socias do Fondo Galego en Mozambique e Cabo Verde. Así mesmo, fíxose balance da recente misión a Guinea-Bissau para supervisar os proxectos de auga e saúde alí apoiados. Do mesmo xeito, deuse conta das iniciativas que se financiarán este ano na África lusófona e as actividades para os próximos meses.
 
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 111 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vén de cumprir 25 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Servicios Sociais xinzo
Tamén che pode interesar
Oferta especial de Las 3 BBB: Televisor Hisense QLED 4K
Diario do Limia Oferta especial de Las 3 BBB: Televisor Hisense QLED 4K
Co motivo do Mundial, o establecemento Las 3 BBB lanzou unha promoción especial nunha televisor Hisense de 55 polgadas con tecnoloxía QLED e resolución 4K (modelo novo 2026). O produto está dispoñible polo prezo de 349 euros, mediante a modalidade de recogida na tenda. Esta oferta ten un stock limitado e permanecerá vixente ata o 25 de xuño.
11 de junio de 2026 1 min lectura
II obradoiro “Límites con corazón”. Familias e crianzas
Concello de Sandiás II obradoiro “Límites con corazón”. Familias e crianzas
II OBRADOIRO “LIMITES CON CORAZÓN”. FAMILIAS E CRIANZAS. Neste segundo obradoiro aberto a todas as familias vaise traballar sobre como establecer normas desde o afecto, o respecto e a coherencia. Moitas veces asociamos poñer límites coa dureza ou o distanciamento pero a realidade é que os límites tamén son unha expresión do amor. Axudan a […] La entrada II obradoiro “Límites con corazón”. Familias e crianzas se publicó primero en Concello de Sandiás.
11 de junio de 2026 1 min lectura
Música, contos e danza para fortalecer os lazos familiares en Sandiás
Concello de Sandiás Música, contos e danza para fortalecer os lazos familiares en Sandiás
O PAI acolleu un obradoiro que promoveu a convivencia, a creatividade e a aprendizaxe compartida entre persoas adultas e crianzas O pasado venres, 5 de xuño, o Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Sandiás acolleu o obradoiro “Música e movemento en familia”, unha actividade dirixida por Getsemaní Valenzuela que reuniu familias nun espazo de encontro, […] La entrada Música, contos e danza para fortalecer os lazos familiares en Sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
9 de junio de 2026 1 min lectura