← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia asina unha alianza ibérica a prol da pataca

Xinzo de Limia asina unha alianza ibérica a prol da pataca

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 31 de agosto de 2023.  Sete localidades de España e Portugal participaron este xoves no acto de Irmandamento Hispano-Luso de Pobos Produtores de Pataca, evento que pon a primeira lousa dunha alianza entre territorios para defender o cultivo da pataca, impulsar os intercambios comerciais e consolidar a súa industria.
A alianza asinouse no Concello de Xinzo de Limia e nela participaron as localidades de El Carpio (Valladolid), Soto de Cerrato (Palencia), La Bañeza (León), Coristanco (A Coruña), Valle de Losa (Burgos) e Montalegre, da rexión portuguesa de Trás-os-Montes.
O Irmandamento foi promovido polo medio especializado no agro, Campo, cuxa empresa editora será a encargada, dende agora, de coordinar as distintas accións promovidas no marco desta alianza entre pobos.
O irmandamento conta tamén como patronos, coas compañías Patatas Meléndez, Argotractors, Esplet, CoopBarroso, Prodeleco, Interagro de Patatas e Regaber, que respaldan o acordo e se comprometen a colaboracións futuras.
“Esta alianza de pobos produtores é unha iniciativa pioneira na Península Ibérica, que busca poñer en valor un cultivo tan estratéxico como é a pataca. O Irmandamento favorecerá a colaboración entre tódolos axentes que forman parte do sector e profundizará na unión territorial das distintas zonas productoras. Estamos convencidos de que esta colaboración será beneficiosa para tódalas partes”, indicou Máximo Gómez, director do medio Campo.
Tamén Amador Díaz, alcalde do Concello de Xinzo de Limia, sinalaba que “a unión fai a forza, e por iso entre todas e todos será máis doado analizar as debilidades e fortalezas do noso produto, pero sobre todo, será moito máis efectivo de cara a posicionarnos nun mercado cada vez máis globalizado”.
Unha relación baseada na cooperación e o intercambio.
As relacións permanentes entre os sete firmantes tradúcense nunha xuntanza de cooperación e intercambio entre localidades, o que “representa un estímulo para tódolos sectores que conforman o tecido agrícola, industrial e económico”.
Asemade, este documento resalta que “non é suficiente a simple firma do mesmo para que o Irmandamento cobre todo o seu senso, senón que é preciso que comprometa a toda a poboación dos sete municipios, de tal xeito que chegue a ser un elemento dinamizador permanente”.
Para elo, acordan declararse “cidades irmandadas”, feito que elevarán ós respectivos órganos de Goberno Local. Así, os Concellos involucrados comprométense a posibilitar o intercambio de experiencias, iniciativas e solucións ós seus problemas comúns “co gallo de lograr un coñecemento recíproco máis amplo, a disufión dos seus activos e os diferentes proxectos relacionados co sector”.
Os consistorios prestarán, no marco das súas posibilidades, “o máximo apoio e colaboración naquelas iniciativas da alianza estratéxica entre empresas  de ambas partes”, e promoverán no seu ámbito de competencia accións en materia de transferencia tecnolóxica nas distintas áreas agrarias e empresariais.
Ó mesmo tempo, proponse a posta en marcha de fórmulas participativas que permitan  aunas esforzos na execución de proxectos comúns nos eidos culturais, sociais, turíticos, comerciais e empresariais. “É importante promover a participación do tecido asociativo dos sete municipios, o que fai posible que a solidariedade que está na base do Irmandamento se contaxie ó conxunto da sociedade”, recalca o documento.
Nese senso, os Concellos comprométense a apoiar a organización de encontros sociais e agrarios “que redunden na formación integral dos municipios”. En particular, fomentarase o desenvolvemento de xornadas técnicas da pataca, eventos gastronómicos, monográficos e feiras, que fomenten a participación e o coñecemento cidadán.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
Anuncios concello xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
A vila de Xinzo de Limia acollerá a Festa do Esquecemento os vindeiros días 21, 22 e 23 de agosto. O campamento galaico-romano xa se está a montar para recibir aos milleiros de visitantes que se esperan durante a fin de semana. Esta edición da festa, organizada pola asociación Civitas Limicorum e o Concello, ofrece unha programación pensada para todos os públicos: Máis de 50 actividades gratuítas. 54 grupos participantes. 13 tropas estranxeiras. 12 grupos musicais. O Concello xa traballa n…
17 de agosto de 2026 1 min lectura
“Catro monos” enche de humor, música e valores a Casa da Cultura de Sandiás: cambiar o mundo comeza por abrir ben os ollos, escoitar, falar… e actuar
Concello de Sandiás “Catro monos” enche de humor, música e valores a Casa da Cultura de Sandiás: cambiar o mundo comeza por abrir ben os ollos, escoitar, falar… e actuar
A Casa da Cultura de Sandiás acolleu hoxe, luns 10 de agosto, ás 11.00 horas, o espectáculo infantil e familiar ‘Catro monos’, da compañía galega Tropa de Trapo, dentro da xira polos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A actividade, dirixida aos nenos e nenas do Concello, combinou narración oral, música ao […] La entrada “Catro monos” enche de humor, música e valores a Casa da Cultura de Sandiás: cambiar o mundo comeza por abrir ben os ollos, escoitar, falar… e actua…
11 de agosto de 2026 1 min lectura
Xinzo prepárase para a edición máis multitudinaria da Festa do Esquecemento
Diario do Limia Xinzo prepárase para a edición máis multitudinaria da Festa do Esquecemento
A XXVI edición da Festa do Esquecemento celebrarase en Xinzo de Limia os días 21, 22 e 23 de agosto, batendo récords de participación con preto dun milleiro de figurantes. A asociación cultural Civitas Limicorum confirmou que este ano se reunirán 54 grupos de recreación histórica no campamento, superando por primeira vez o medio centenar. Esta afluencia converte a cita nun dos eventos clave do verán na provincia de Ourense. Os actos principais da programación serán os mesmos que atraen a mille…
3 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser