Xoves, 12 de novembro Xinzo 14° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Noticias

Anuncios

14 noticias

Venres, 12 de decembro de 2025

Concello de Vilar de Santos · 12 dec. 2025 Vilar de Santos

Programación de Nadal de Vilar de Santos 2025-2026

O Concello de Vilar de Santos presentou a súa programación de Nadal para o período 2025-2026, deseñada para fomentar a ilusión e o espírito comunitario durante as festas. Actividades destacadas: Concilia Nadal: Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ofreceranse diversas actividades e sorpresas pensadas para os máis novos. Visita do Apalpador: O 23 de decembro, os veciños poderán recibir a visita dunha das figuras máis emblemáticas da tradición nadalega. Excursión a Pazolandia: O 26 de decembro…

Venres, 21 de novembro de 2025

Concello de Xinzo de Limia · 21 nov. 2025 Xinzo de Limia

Xinzo de Limia colabora con WeWoman e Ourensividade para impulsar o talento local e mellorar a calidade de vida

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, asinou un convenio de colaboración coa plataforma internacional WeWoman Engineers (dirixida por Manuela Appendino) e a asociación Ourensividade (presidida por Pablo García Vivanco) para impulsar proxectos de innovación, formación e cooperación. O obxectivo é mellorar a calidade de vida da veciñanza e activar o talento local. As liñas de colaboración inclúen a análise da lonxevidade na comarca, o desenvolvemento de iniciativas sociais e tecnolóxicas…

Martes, 18 de novembro de 2025

Concello de Xinzo de Limia · 18 nov. 2025 Baltar Xinzo de Limia

Xinzo, Baltar e Montalegre avanzan na creación dunha eurocidade

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, reuniuse coa presidenta da Câmara Municipal de Montalegre, Fátima Fernandes, e co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo, en Montalegre o 18 de novembro de 2025. O obxectivo do encontro foi sentar as bases para a futura eurocidade que aspiran a crear os tres municipios, ratificando a súa vocación transfronteiriza e aliñando prioridades en áreas como a dinamización económica e social, a proxección cultural, o turismo e a mellora de servizos. Acordaron…

Martes, 3 de xuño de 2025

Concello de Vilar de Santos · 3 xuño 2025 Vilar de Santos

Axudas da Deputación de Ourense para a accesibilidade en vivendas de maiores

A Deputación de Ourense ofrece subvencións de ata 2.000 € para persoas maiores de 65 anos co fin de adaptar as súas vivendas e mellorar a accesibilidade. Actuacións subvencionables: Obras de reforma (baños, eliminación de barreiras, ramplas, portas, solos antiescorregadizos). Aluguer de axudas técnicas (asentos xiratorios, camas articuladas, almofadas antiescaras, etc.). Asesoramento técnico: Dispoñible no Concello de Vilar de Santos os xoves de 9:00 a 14:00 (cita previa: 988 465 883).…

Martes, 5 de novembro de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 5 nov. 2024 Xinzo de Limia

Xinzo de Limia abre as portas a charlas informativas sobre compostaxe e reciclaxe comunitaria este mes de novembro

Xinzo de Limia acollerá dúas charlas informativas sobre compostaxe comunitario e economía circular, un proxecto da Deputación de Ourense; que se celebrarán os días 21 e 28 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Xinzo. Estas sesións están orientadas a sensibilizar e formar á veciñanza sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os residuos orgánicos a través de métodos sostibles, contribuíndo a unha economía circular que beneficie tanto ao medio ambiente como á comunidade. Co…

Martes, 22 de outubro de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 22 out. 2024 Xinzo de Limia

Xinzo de Limia acolle a I Feira do Mercado Social en terras ourensás cun gorentoso programa repleto de actividades que convida a gozar o día enteiro en familia

Xinzo de Limia, a 22 de outubro de 2024. O vindeiro 27 de outubro, o concello de Xinzo de Limia achega por primeira vez o Mercado da Economía Social e Solidaria a Ourense, cunha feira de máis de 20 postos con produtos e servizos de proximidade alternativos á economía capitalista A feira desenvolverase na praza Carlos Casares, diante da Casa da Cultura, de 11:00 a 19:30h con vontade de dar visibilidade a proxectos e actividades de Economía Social con produtos e servizos de proximidade e…

Martes, 8 de outubro de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 8 out. 2024 Xinzo de Limia

Xinzo activa o dispositivo de emerxencias para afrontar a alerta laranxa por choiva e vento

Xinzo de Limia, a 08 de outubro de 2024. O Concello de Xinzo de Limia informa da activación do seu Plan de Inundacións debido ao aviso laranxa por fortes choivas e ventos que afectarán a toda Galicia a partir de hoxe e durante o día de mañá. Segundo as previsións meteorolóxicas, espéranse refachos de vento de ata 100 km/h, polo que se insta á cidadanía a extremar as precaucións. As autoridades locais, en coordinación cos dispositivos de emerxencia —Protección Civil, Policía Local, Garda Civil,…

Venres, 9 de agosto de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 9 ago. 2024 Xinzo de Limia

Dúas feiras, un só destino: Xinzo de Limia fusiona o agro e o comercio nunha fin de semana de récord

Xinzo de Limia, a 09 de agosto de 2024.  Hoxe tivo lugar a presentación oficial de ALIMAGRO, a V Feira do Agro da Limia, e da V Feira do Comercio PROLIMIA, que terán lugar os días 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. No acto participaron destacadas autoridades, entre elas Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia; Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia; Rosendo Fernández, representante da Deputación Provincial; Concepción Conde, presidenta de PROLIMIA; e Máximo Gómez, director da…

Xoves, 11 de xullo de 2024

Concello de Xinzo de Limia · 11 xul. 2024 Xinzo de Limia

V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Xanelas

O Concello de Xinzo de Limia convida á veciñanza a participar do 𝗩 𝗖𝗼𝗻𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗘𝗺𝗯𝗲𝗹𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗹𝗰𝗼́𝗻𝘀 𝗲 𝗫𝗮𝗻𝗲𝗹𝗮𝘀 "𝙓𝙄𝙉𝙕𝙊𝙀𝙉𝙁𝙇𝙊𝙍" O prazo para apuntarse remata o 𝗱𝗶́𝗮 29 de xullo, e pódese facer enviando un email a alcaldía ou rexistrando a solicitude de xeito presencial no Concello. BASES + FICHA DE INSCRICIÓN: https://www.xinzodelimia.gal/media/xinzodelimia/files/2024/07/11/BASES%20Concurso%20XINZOENFLOR%202024.docx%20(1).pdf  

Martes, 19 de setembro de 2023

Luns, 18 de setembro de 2023

Venres, 1 de setembro de 2023

Concello de Xinzo de Limia · 1 set. 2023 Xinzo de Limia

Xinzo de Limia asina unha alianza ibérica a prol da pataca

Xinzo de Limia, a 31 de agosto de 2023.  Sete localidades de España e Portugal participaron este xoves no acto de Irmandamento Hispano-Luso de Pobos Produtores de Pataca, evento que pon a primeira lousa dunha alianza entre territorios para defender o cultivo da pataca, impulsar os intercambios comerciais e consolidar a súa industria. A alianza asinouse no Concello de Xinzo de Limia e nela participaron as localidades de El Carpio (Valladolid), Soto de Cerrato (Palencia), La Bañeza (León),…

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser