← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia colabora con WeWoman e Ourensividade para impulsar o talento local e mellorar a calidade de vida

Xinzo de Limia colabora con WeWoman e Ourensividade para impulsar o talento local e mellorar a calidade de vida

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, asinou un convenio de colaboración coa plataforma internacional WeWoman Engineers (dirixida por Manuela Appendino) e a asociación Ourensividade (presidida por Pablo García Vivanco) para impulsar proxectos de innovación, formación e cooperación. O obxectivo é mellorar a calidade de vida da veciñanza e activar o talento local.

As liñas de colaboración inclúen a análise da lonxevidade na comarca, o desenvolvemento de iniciativas sociais e tecnolóxicas para o envellecemento activo, e a promoción do talento, especialmente de mulleres e mocidade, en proxectos de innovación e emprendemento.

O acordo busca conectar administracións, empresas, centros formativos e profesionais para testar solucións, captar recursos e dar visibilidade ás boas prácticas na zona.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
Anuncios concello xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
A vila de Xinzo de Limia acollerá a Festa do Esquecemento os vindeiros días 21, 22 e 23 de agosto. O campamento galaico-romano xa se está a montar para recibir aos milleiros de visitantes que se esperan durante a fin de semana. Esta edición da festa, organizada pola asociación Civitas Limicorum e o Concello, ofrece unha programación pensada para todos os públicos: Máis de 50 actividades gratuítas. 54 grupos participantes. 13 tropas estranxeiras. 12 grupos musicais. O Concello xa traballa n…
17 de agosto de 2026 1 min lectura
Sandiás organiza un obradoiro infantil sobre a Lagoa de Antela e Otero Pedrayo
Concello de Sandiás Sandiás organiza un obradoiro infantil sobre a Lagoa de Antela e Otero Pedrayo
O vindeiro mércores 19 de agosto, o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás acolle a actividade gratuíta "A linguaxe da paisaxe". A sesión está dirixida aos máis cativos e busca achegarlles a historia e a natureza da Limia a través da obra de Ramón Otero Pedrayo. A cita terá lugar no local social da Casa da Cultura e contará coa guía da arquitecta Mar Penela. O programa da xornada é o seguinte: Data: mércores, 19 de agosto. Horario: de 11:00 a 12:00 horas. Contido: lectura dun…
18 de agosto de 2026 1 min lectura
“Verán de lecer consumo” no concello de sandiás
Concello de Sandiás “Verán de lecer consumo” no concello de sandiás
Trátase dun programa estacional da Xunta de Galicia, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia durante o verán 2026. A campaña ten como obxectivo ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas […] La entrada “Verán de lecer consumo” no concello de sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
27 de julio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser