← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia abre as portas a charlas informativas sobre compostaxe e reciclaxe comunitaria este mes de novembro

Xinzo de Limia abre as portas a charlas informativas sobre compostaxe e reciclaxe comunitaria este mes de novembro

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia acollerá dúas charlas informativas sobre compostaxe comunitario e economía circular, un proxecto da Deputación de Ourense; que se celebrarán os días 21 e 28 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Xinzo. Estas sesións están orientadas a sensibilizar e formar á veciñanza sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os residuos orgánicos a través de métodos sostibles, contribuíndo a unha economía circular que beneficie tanto ao medio ambiente como á comunidade.
Co obxectivo de coñecer o sentir da cidadanía sobre estas cuestións, leváronse a cabo, durante os últimos días, enquisas porta a porta nas vivendas de Xinzo. Estas enquisas permiten que a veciñanza exprese as súas opinións e inquedanzas, garantindo así unha participación activa no deseño e implementación de iniciativas que teñan un impacto directo nas súas vidas. O proceso de recollida de datos continuará de novo na última semana deste mes de novembro.
As persoas interesadas en participar nas charlas poden acudir directamente á Casa da Cultura os días 21 e 28 de novembro. Adxúntanse os carteis coas convocatorias para máis información.
Datas e localización:
• Primeira charla: 21 de novembro, 20:00 horas.
• Segunda charla: 28 de novembro, 20:00 horas.
• Lugar: Casa da Cultura de Xinzo de Limia

Cartel Día 21

Cartel Día 28

 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
Anuncios concello xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
A vila de Xinzo de Limia acollerá a Festa do Esquecemento os vindeiros días 21, 22 e 23 de agosto. O campamento galaico-romano xa se está a montar para recibir aos milleiros de visitantes que se esperan durante a fin de semana. Esta edición da festa, organizada pola asociación Civitas Limicorum e o Concello, ofrece unha programación pensada para todos os públicos: Máis de 50 actividades gratuítas. 54 grupos participantes. 13 tropas estranxeiras. 12 grupos musicais. O Concello xa traballa n…
17 de agosto de 2026 1 min lectura
O grupo folk TOR actúa de balde na Torre do Castro de Sandiás
Concello de Sandiás O grupo folk TOR actúa de balde na Torre do Castro de Sandiás
O cuarteto folk TOR presentará o seu novo disco, Zira, nun concerto gratuíto que terá lugar na contorna da Torre do Castro, en Sandiás, o vindeiro sábado 8 de agosto ás 21:00 horas. A actuación, que mestura música tradicional galega con influencias celtas, contará cun repertorio variado de muiñeiras, xotas e pezas máis suaves como alalás e mazurcas. O grupo, integrado por Félix Castro, Cástor Castro, Xosé Liz e Álvaro Iglesias, interpretará temas propios e melodías recuperadas de arquivos histó…
1 de agosto de 2026 1 min lectura
Remata a segunda quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos
Concello de Vilar de Santos Remata a segunda quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos
Os nenos e nenas participantes na segunda quenda do programa Concilia Verán completaron semanas de actividades, excursións e aprendizaxe na comarca da Limia. Durante estes días, os rapaces participaron en diversas propostas lúdicas e educativas: Mario Kart: unha semana temática dedicada a xogos baseados neste universo. Museo da Limia: coñeceron como era a vida e o traballo na zona antigamente. Taller Lumecu: viron de primeira man como se elaboran de xeito artesanal pezas do Entroido, como o …
6 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser