← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia acolle a I Feira do Mercado Social en terras ourensás cun gorentoso programa repleto de actividades que convida a gozar o día enteiro en familia

Xinzo de Limia acolle a I Feira do Mercado Social en terras ourensás cun gorentoso programa repleto de actividades que convida a gozar o día enteiro en familia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 22 de outubro de 2024. O vindeiro 27 de outubro, o concello de Xinzo de Limia achega por primeira vez o Mercado da Economía Social e Solidaria a Ourense, cunha feira de máis de 20 postos con produtos e servizos de proximidade alternativos á economía capitalista
A feira desenvolverase na praza Carlos Casares, diante da Casa da Cultura, de 11:00 a 19:30h con vontade de dar visibilidade a proxectos e actividades de Economía Social con produtos e servizos de proximidade e sustentables. Así, esta primeira edición acolle a máis de 20 postos pertencentes aos diferentes sectores, como son: agroecoloxía e produtos locais, enerxía renovable, economía circular, vivenda colaborativa, economía dos coidados, etc. Ademais, unha nutrida programación composta por actividades lúdicas, musicais e de divulgación, convida a crianzas e persoas adultas a achegarse para gozar do día.
A xornada comezará ás 11:45h. coa presentación do libro «Pragas e doenzas», de Rosendo Luis Estévez (Catro Ventos Editora, 2024). Seguiralle, ás 12:30h., a presentación da curta “os pousos do café” de Solidariedade Internacional Galicia, acompañada dun café quentiño de cortesía.
Ás 13:00h, as familias poderán gozar do espectáculo de narración oral para público familiar  “A Maleta Da Avoa”, coa verinesa Raquel Queizás.
Logo da pausa para o xantar, retomarase a actividade no espazo ás 16:00h cun café – encontro que convida a todo público implicado ou interesado en atender ao coidado do territorio desde a cultura, a se sentar arredor dun café para construírmos entre todas propostas de acción que atendan ás necesidades reais de cada territorio e desde as súas verdadeiras protagonistas. Baixo o título: ‘A cultura comunitaria como resistencia ‘, haberá un faladoiro aberto con vontade de brindar un espazo coidado de encontro entre os diversos axentes culturais da contorna, no que compartir inquedanzas, motivacións e esforzos de cara a identificar oportunidades e alianzas de xerar propostas colectivas.
Tamén a partir das 16:00h e ata as 19:00, grandes e pequenas xogantinas terán a disposición un espazo de xogo libre coa colección de xogos artesanais de Miudiño S.Coop.
Para a hora da merenda, ás 18:00h, haberá unha cata de chocolates de comercio xusto con Solidariedade Internacional de Galicia para gozo dos padais máis larpeiros e ás 19:30h, poráselle o broche de ouro final a esta fantástica xornada co concerto de Cé Orquestra Pantasma.
Sen dubida, é difícil resistirse a esta cita na que poder coñecer a economía social e solidaria, que une produtoras con consumidoras e que aposta por poñer ás persoas no centro e o consumo consciente, local e sustentable. Unha xornada na que se poder divertir aprendendo de como poder coidar de todas nós.
Esta actividade, organizada pola asociación Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS), está promovida polo concello de Xinzo de Limia e a Rede Eusumo, no marco do programa de actuación 2024/2025. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Cartel co Programa

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
Anuncios concello xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
A vila de Xinzo de Limia acollerá a Festa do Esquecemento os vindeiros días 21, 22 e 23 de agosto. O campamento galaico-romano xa se está a montar para recibir aos milleiros de visitantes que se esperan durante a fin de semana. Esta edición da festa, organizada pola asociación Civitas Limicorum e o Concello, ofrece unha programación pensada para todos os públicos: Máis de 50 actividades gratuítas. 54 grupos participantes. 13 tropas estranxeiras. 12 grupos musicais. O Concello xa traballa n…
17 de agosto de 2026 1 min lectura
O grupo TOR presenta o seu disco «Zira» ante 200 persoas na Torre do Castro
Concello de Sandiás O grupo TOR presenta o seu disco «Zira» ante 200 persoas na Torre do Castro
O grupo folk TOR actuou o pasado sábado 8 de agosto na Torre do Castro, en Sandiás, ante preto de 200 asistentes que gozaron de balde dun concerto de música tradicional. O cuarteto, formado por Félix Castro, Cástor Castro, Xosé Liz e Álvaro Iglesias, aproveitou a cita para presentar o seu segundo traballo discográfico, titulado «Zira». A actuación, que comezou ás 21:00 horas, destacou pola mestura de instrumentos tradicionais e modernos, como a gaita, o acordeón, o bouzouqui e o contrabaixo. O…
10 de agosto de 2026 1 min lectura
A base de incendios de Antela, en Sandiás, renovarase con 4 millóns de euros
Diario do Limia A base de incendios de Antela, en Sandiás, renovarase con 4 millóns de euros
A Xunta de Galicia investirá 4 millóns de euros en modernizar a base de medios aéreos de Antela, en Sandiás. As obras comezarán este ano e rematarán en 2027 para actualizar unhas instalacións que teñen xa 30 anos. O obxectivo principal é mellorar a capacidade operativa contra o lume, permitindo que a base poida albergar ata seis avións de carga en terra. O proxecto, financiado nun 75 % por fondos europeos, inclúe os seguintes cambios: Nova pista de aterraxe: acondicionamento do terreo, pavimen…
4 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser