Xoves, 12 de novembro Xinzo 14° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia pon en marcha a II edición do programa Hypatia en colaboración con Sandiás e Vilar de Barrio

3 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Sandiás
Publicada
14 ago. 2023
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 10 de agosto de 2023.  Comeza a segunda edición do Programa Hypatia dirixido ás mulleres de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás, na comarca da Limia. Unha actuación que pivota na formación, información, prevención, orientación e asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico individualizado para tódalas participantes.
O programa Hypatia execútase mediante o sistema de xestión compartida e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e a Xunta de Galicia. Mediante actuacións concretas orientadas a impulsar unha atención profesional de maior calidade, Hypatia conta cun Servizo Integral e Especializado de Asesoramento Xurídico, Psicolóxico e Laboral. Gratuito, presencial e á demanda, aínda que se establecerán unhas horas fixas todos os martes en horario de mañá, o Servizo tamén elaborará os itinerarios personalizados de inserción. Ademais, haberá un Punto de Información de Hábitos Saudables para as
Mulleres e asesoramento para unha Despensa Saudable e impartiranse 61 horas de aularios, conversatorios e formacións destinadas a promoción da igualdade, a mellora da autoestima e benestar das mulleres e inserción laboral, entre outras.
O Espazo Hypatia conta cun aulario con intervencións en coidado de corpo e mente, nutrición e hábitos mediante os seguintes aularios: “Autoestima e benestar con perspectiva de xénero”, “Activa a túa mente”, “Exercicio terapéutico e saúde”, “O equilibrio a través da alimentación”, “A saúde sexual e reprodutiva das mulleres” e “Mulleres e deporte”.
Nos Conversatorios Feministas abordaranse diferentes temas a través das seguintes sesións: “Visibilización e recoñecemento das mulleres”, “Por que foron somos, por que somos, serán”, “As mulleres: piar da sostenebilidade do rural”, “As artes no camiño do empoderamento das mulleres”, “Conversatorio sobre a violencia de xénero: claves para a análise construíndo respostas colectivas”, “Fai do teu móbil unha ferramenta de utilidade” e “Mulleres con discapacidade conquistando espazos: da invisibilidade á utopía atravesando charcos”.
Nun terceiro bloque desenvolveranse accións para a orientación e inserción laboral e a definición do proxecto profesional: “Explorando novos xacementos de emprego”, “Inserción e intereses ocupacionais”, “Obradoiro de capacitación para o acceso a emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e o CV” e “Obradoiro de autoemprego e emprendemento das mulleres” así coma visitas a empresas.
No Programa Hypatia, cunha contía de 18.133,7€, traballarán 8 profesionais e prevese unha participación mínima de 75 mulleres. A actuación é un exemplo de colaboración e cooperación local para ampliar servizos que cristalizan no reforzo das políticas públicas de igualdade e de prevención da violencia de xénero, optimizando os servizos dos tres Concellos e mellorando a atención ás usuarias.
 
Ademáis de carteis e flyers do Programa así como as RRSS municipais e formación do CIM de Xinzo, está habilitado un teléfono/WhatsApp para atender a todas as persoas que queiran participar e informarse: 685211882.
 

Saber máis · Descubre A Limia Sandiás 1.086 habitantes · 3 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser