Xoves, 12 de novembro Xinzo 14° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

Xinzo activa o dispositivo de emerxencias para afrontar a alerta laranxa por choiva e vento

2 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
8 out. 2024
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 08 de outubro de 2024. O Concello de Xinzo de Limia informa da activación do seu Plan de Inundacións debido ao aviso laranxa por fortes choivas e ventos que afectarán a toda Galicia a partir de hoxe e durante o día de mañá. Segundo as previsións meteorolóxicas, espéranse refachos de vento de ata 100 km/h, polo que se insta á cidadanía a extremar as precaucións.
As autoridades locais, en coordinación cos dispositivos de emerxencia —Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, Bombeiros e o Centro de Saúde—, están en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir nas próximas horas. Recoméndase seguir as instrucións e evitar situacións de risco innecesarias.
Recomendacións para a cidadanía:
    •    En caso de emerxencia, contactar co 112.
    •    Evitar saír á rúa a non ser que sexa imprescindible e tomar as precaucións necesarias se se fai.
    •    Prestar especial atención a elementos exteriores que poidan saír voando co vento, como mesas e cadeiras nas terrazas da hostalería, así como outros obxectos que poidan supoñer un perigo. Evitar empregar este tipo de obxectos.
    •    Os parques municipais permanecerán pechados desde este momento para evitar danos ante a posible caída de pólas ou árbores.
    •    Suspéndense as actividades e entrenamentos deportivos ao aire libre.
Lembramos que a colaboración e o sentido común son claves para garantir a seguridade de todos e todas durante este episodio de mal tempo.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser