← Volver Concello de Xinzo de Limia

Alimagro converte esta fin de semana a Xinzo de Limia no escaparate do sector agrario nacional

Alimagro converte esta fin de semana a Xinzo de Limia no escaparate do sector agrario nacional

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 28 de agosto de 2024. A V edición de Alimagro volverá ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de Limia (Ourense), do 31 de agosto ao 1 de setembro, cunha exposición de maquinaria; a Feira da Pataca, que inclúe a segunda Xornada Técnica dedicada ao cultivo, e a Feira do Comercio. Esta feira, organizada polo Concello de Xinzo de Limia coa colaboración da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida da Pataca de Galicia, o Inorde e Coren, sitúase entre as dez maiores feiras do sector a nivel nacional.
 
O programa da feira
 
Durante os tres días que dura a feira, os asistentes poderán gozar dun nutrido programa de actividades dentro do recinto feiral, como showcookings patrocinados pola Escola de Cociña Fariña Branca e a compañía Patatas Meléndez, degustacións, o Concurso de Patacas Fritas Devorajalys ou os tradicionais concertos de gaitas. Como prato forte, destaca a elaboración na tarde do sábado da tortilla de patacas xigante, que pretende bater de novo o récord e que se elaborará con 1.500 ovos e máis de 300 kg de pataca. Os asistentes á feira poderán degustar a maxestuosa tortilla a partir das 19:00 h.
 
Diferentes espazos
 
A feira, que se converteu nun evento de referencia nacional, divídese en varios espazos: a exposición de maquinaria rodeará o Parque do Toural e estenderase ao longo da avenida do Dous de Maio. Dez compañías mostrarán unha representación das principais marcas de maquinaria. Así mesmo, a carpa que acollerá a Feira da Pataca contará con 15 stands. A cita conta cun espazo moi importante dedicado á innovación vinculada á maquinaria agrícola. O visitante poderá coñecer todas as novidades en relación cos tractores e a maquinaria empregada nos principais cultivos da comarca e de Galicia, desde a pataca ao viñedo. Estarán presentes todas as grandes marcas que operan no mercado, o que reforza a condición de Alimagro como referente agrario do noroeste peninsular.
 
II Xornada Técnica da Pataca
 
Nese mesmo sentido, destaca a segunda edición da Xornada Técnica da Pataca, que terá lugar na mañá do venres no stand institucional da carpa e que permitirá aos asistentes analizar os principais retos que ten o cultivo. Profesionais nacionais de primeiro nivel debaterán sobre a sementa da pataca: claves do éxito; sanidade vexetal: un reto para o cultivo da pataca, e os mercados e tendencias no sector da pataca.
Máis información e inscricións en: https://alimagro.es/gl/
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Novidades xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
A UNED e Esmuli crean un novo coro para tocar a música de "O Señor dos Anéis"
Diario do Limia A UNED e Esmuli crean un novo coro para tocar a música de "O Señor dos Anéis"
Para celebrar dez anos de colaboración, a UNED de Ourense e a Agrupación Musical da Limia (Esmuli) lanzan o novo Coro da Orquestra Ourensanía e un curso de práctica coral. Este curso de formación centrarase na música de Howard Shore e permitirá aos participantes obter créditos universitarios certificados pola UNED. O programa combina a teoría coa práctica e terá como puntos clave: Un concerto con a Orquestra Ourensanía no Festival Internacional de Cine, tocando a banda sonora de O Señor dos An…
16 de septiembre de 2026 1 min lectura
Xinzo de Limia celebra Alimagro 2026: feira, maquinaria e patacas
Diario do Limia Xinzo de Limia celebra Alimagro 2026: feira, maquinaria e patacas
A VII Feira do Agro da Limia, Alimagro 2026, celebrarase en Xinzo do 3 ao 6 de setembro con exhibicións de maquinaria agrícola, catas e actividades para toda a familia. A principal novidade desta edición é Demoalimagro, unha demostración de tractores e maquinaria de campo en directo que terá lugar o sábado 5 nos campos de ensaio do INORDE. Programa de actividades: Xoves 3: Xornada técnica sobre auga e agricultura (18.00 h, Casa da Cultura). Venres 4: Obradoiros de cociña infantil (17.00 h) e…
2 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser