← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia asina unha alianza ibérica a prol da pataca

Xinzo de Limia asina unha alianza ibérica a prol da pataca

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 31 de agosto de 2023.  Sete localidades de España e Portugal participaron este xoves no acto de Irmandamento Hispano-Luso de Pobos Produtores de Pataca, evento que pon a primeira lousa dunha alianza entre territorios para defender o cultivo da pataca, impulsar os intercambios comerciais e consolidar a súa industria.
A alianza asinouse no Concello de Xinzo de Limia e nela participaron as localidades de El Carpio (Valladolid), Soto de Cerrato (Palencia), La Bañeza (León), Coristanco (A Coruña), Valle de Losa (Burgos) e Montalegre, da rexión portuguesa de Trás-os-Montes.
O Irmandamento foi promovido polo medio especializado no agro, Campo, cuxa empresa editora será a encargada, dende agora, de coordinar as distintas accións promovidas no marco desta alianza entre pobos.
O irmandamento conta tamén como patronos, coas compañías Patatas Meléndez, Argotractors, Esplet, CoopBarroso, Prodeleco, Interagro de Patatas e Regaber, que respaldan o acordo e se comprometen a colaboracións futuras.
“Esta alianza de pobos produtores é unha iniciativa pioneira na Península Ibérica, que busca poñer en valor un cultivo tan estratéxico como é a pataca. O Irmandamento favorecerá a colaboración entre tódolos axentes que forman parte do sector e profundizará na unión territorial das distintas zonas productoras. Estamos convencidos de que esta colaboración será beneficiosa para tódalas partes”, indicou Máximo Gómez, director do medio Campo.
Tamén Amador Díaz, alcalde do Concello de Xinzo de Limia, sinalaba que “a unión fai a forza, e por iso entre todas e todos será máis doado analizar as debilidades e fortalezas do noso produto, pero sobre todo, será moito máis efectivo de cara a posicionarnos nun mercado cada vez máis globalizado”.
Unha relación baseada na cooperación e o intercambio.
As relacións permanentes entre os sete firmantes tradúcense nunha xuntanza de cooperación e intercambio entre localidades, o que “representa un estímulo para tódolos sectores que conforman o tecido agrícola, industrial e económico”.
Asemade, este documento resalta que “non é suficiente a simple firma do mesmo para que o Irmandamento cobre todo o seu senso, senón que é preciso que comprometa a toda a poboación dos sete municipios, de tal xeito que chegue a ser un elemento dinamizador permanente”.
Para elo, acordan declararse “cidades irmandadas”, feito que elevarán ós respectivos órganos de Goberno Local. Así, os Concellos involucrados comprométense a posibilitar o intercambio de experiencias, iniciativas e solucións ós seus problemas comúns “co gallo de lograr un coñecemento recíproco máis amplo, a disufión dos seus activos e os diferentes proxectos relacionados co sector”.
Os consistorios prestarán, no marco das súas posibilidades, “o máximo apoio e colaboración naquelas iniciativas da alianza estratéxica entre empresas  de ambas partes”, e promoverán no seu ámbito de competencia accións en materia de transferencia tecnolóxica nas distintas áreas agrarias e empresariais.
Ó mesmo tempo, proponse a posta en marcha de fórmulas participativas que permitan  aunas esforzos na execución de proxectos comúns nos eidos culturais, sociais, turíticos, comerciais e empresariais. “É importante promover a participación do tecido asociativo dos sete municipios, o que fai posible que a solidariedade que está na base do Irmandamento se contaxie ó conxunto da sociedade”, recalca o documento.
Nese senso, os Concellos comprométense a apoiar a organización de encontros sociais e agrarios “que redunden na formación integral dos municipios”. En particular, fomentarase o desenvolvemento de xornadas técnicas da pataca, eventos gastronómicos, monográficos e feiras, que fomenten a participación e o coñecemento cidadán.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
Anuncios concello xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
Concello de Xinzo de Limia Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
A vila de Xinzo de Limia acollerá a Festa do Esquecemento os vindeiros días 21, 22 e 23 de agosto. O campamento galaico-romano xa se está a montar para recibir aos milleiros de visitantes que se esperan durante a fin de semana. Esta edición da festa, organizada pola asociación Civitas Limicorum e o Concello, ofrece unha programación pensada para todos os públicos: Máis de 50 actividades gratuítas. 54 grupos participantes. 13 tropas estranxeiras. 12 grupos musicais. O Concello xa traballa n…
17 de agosto de 2026 1 min lectura
Rematan as obras de mellora na travesía da N-525 en Xinzo de Limia
Diario do Limia Rematan as obras de mellora na travesía da N-525 en Xinzo de Limia
O Ministerio de Transportes rematou a reforma da travesía da N-525 ao seu paso por Xinzo de Limia, entre os quilómetros 197 e 200. Os traballos, que duraron un ano, tiveron un custo de 4,5 millóns de euros financiados con fondos europeos. A actuación busca que a zona sexa máis segura para os peóns e ciclistas, reducindo a velocidade dos coches. As principais novidades son: Creación dun carril bici e un itinerario continuo para peóns. Construción de dúas novas rotondas e adaptación doutras dúa…
29 de julio de 2026 1 min lectura
Un ciclista morre tras sufrir unha caída en Xinzo de Limia
Diario do Limia Un ciclista morre tras sufrir unha caída en Xinzo de Limia
Un home faleceu este martes ao caer da súa bicicleta na parroquia de Lamas, en Xinzo de Limia. O accidente ocorreu arredor das 21:00 horas no punto quilométrico 6 do lugar de Manga de Arriba. A pesar da rápida intervención dos servizos de emerxencia, os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida e confirmaron o seu pasamento no mesmo lugar do suceso. No operativo participaron: Persoal do 061. Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Bombeiros de Xinzo. Voluntarios de Protección…
19 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser