
Renovación do convenio entre o Concello de Xinzo de Limia e a AECC
- Fonte
- Concello de Xinzo de Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 16 xan. 2025
Xinzo de Limia, 16 de xaneiro de 2025.
O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) renovaron hoxe o acordo de cesión da sede local da asociación, demostrando o firme compromiso municipal coas persoas afectadas polo cancro na comarca.
A firma do acordo, realizada no despacho da alcaldía, contou coa presenza do alcalde, Amador Díaz; do presidente da Asociación en Ourense, German Rodríguez-Saa; e da concelleira de Servizos Sociais, María Ángeles Martínez. A concelleira destacou a importancia desta colaboración: “Desde o Concello de Xinzo de Limia, queremos asegurar que todas as persoas afectadas polo cancro na nosa comarca teñan acceso a recursos próximos e accesibles. Este convenio é unha mostra do noso compromiso coas familias e coa saúde da nosa comunidade.”
Grazas a este convenio, a AECC continuará a ofrecer programas de atención integral, prevención e investigación oncolóxica desde a súa sede local, cedida polo Concello. Esta iniciativa reflicte o compromiso do goberno municipal con proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños e veciñas.
Co este acordo, o Concello de Xinzo de Limia afianza o seu papel na loita contra o cancro, proporcionando á AECC os recursos necesarios para que ninguén quede desamparado.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


