Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia consegue financiación da Xunta para melloras no centro de día

2 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
16 nov. 2023
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 16 de novembro de 2023.  A Xunta de Galicia está a financiar en colaboración co concello obras de mellora no centro de día para persoas maiores de Xinzo de Limia, pertencente á rede pública autonómica. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde, Amador Díaz Penín, comprobaron hoxe o avance nos traballos que se están a executar e que supoñen un investimento de preto de 60.000 euros.
O obxectivo principal destas obras é atallar os problemas derivados da humidade que padece o inmoble, para o que se está a actuar na cuberta e nas fachadas co fn de protexelo da auga da chuvia. Ademais de mellorar a cuberta, estruturas, pavimentos e do pintado, a intervención tamén contempla a limpeza de fachadas, a sustitución do revestimento as paredes deteriorado e solucións puntuais de infltracións en puntos concretos do edifcio.
Ao centro de día de Xinzo de Limia acoden diariamente unha trintena de usuarios e comezou a súa actividade no ano 2010, ofrecendo desde entón atención terapéutica integral ás persoas maiores do municipio e dos concellos limítrofes.
 
Escola infantil
Perfecto Rodríguez explicou que o Consorcio programa ao longo de todo o ano obras de mellora e mantemento na súa rede de centros públicos: escolas infantís, residencias, vivendas comunitarias e centros de día. A fnalidade de todas estas actuacións é que as persoas usuarias destes centros, os seus familiares e o persoal dispoñan de infraestruturas de calidade, funcionais e cómodas.
Neste sentido, avanzou que o Consorcio tamén realizará actuacións de mellora na escola infantil da localidade, que depende da Xunta de Galicia. Os técnicos do ente autonómico e do concello están nestes momentos a planifcar as obras que se acometerán neste centro o vindeiro verán, unha vez que remate este curso escolar para que non interfiran na actividade diaria da escola.
 

 
 

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser