← Volver Concello de Xinzo de Limia

EXPOFAMILIA: A cita imprescindible para a saúde e benestar familiar en Xinzo de Limia

EXPOFAMILIA: A cita imprescindible para a saúde e benestar familiar en Xinzo de Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 04 de setembro de 2024.  O 7 e 8 de setembro, Xinzo de Limia converterase no punto de encontro para as familias que buscan mellorar o seu benestar, coa celebración da I Feira da Saúde e do Benestar na Familia: EXPOFAMILIA. Este evento pioneiro terá lugar no Pavillón de Deportes, organizado por Fusión Fitness, La Tribu – Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia, e estará aberto de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 21:00.
EXPOFAMILIA non é só un evento, senón unha oportunidade única para as familias de toda Galicia. Durante dous días, máis de 20 profesionais de distintas disciplinas compartirán o seu coñecemento a través de ponencias, charlas e obradoiros. Estes expertos abordarán temas fundamentais para a saúde e benestar familiar, como a lactancia, primeiros auxilios, nutrición, hábitos de estudo, conciliación, e moito máis. Entre os aspectos máis destacados, a feira contará coa participación do recoñecido pediatra Carlos González.
Carlos González, unha das figuras máis influentes na pediatría e crianza respectuosa, ofrecerá dúas ponencias exclusivas sobre “Necesidades afectivas” e “Autoridade e límites”. Coñecido polos seus libros “Bésame mucho” e “Mi niño no me come”, González fusiona os seus sólidos coñecementos médicos cunha empatía que o converte nun referente para pais e nais. As súas charlas están a despertar un gran interese, non só en Xinzo de Limia, senón en toda Galicia, coas entradas case esgotadas. As ponencias terán lugar nunha carpa especialmente habilitada para acoller ao público.
Ademais, EXPOFAMILIA ofrecerá múltiples espazos de entretemento e aprendizaxe para toda a familia. Para os máis pequenos, haberá un espazo sensorial dedicado a nenos de 0 a 6 anos, onde poderán explorar e xogar nun ambiente seguro e estimulante. Lethx Sound dinamizará o espazo musical, mentres que a zona de lecer ofrecerá actividades como xogos de mesa, contacontos, obradoiros de barro, masaxes, capoeira, e defensa persoal, entre outros.
O evento tamén contará cun espazo dedicado á seguridade familiar, onde os nenos poderán interactuar con elementos da Garda Civil, como coches, motos, drons, e un can policía, nunha xornada deseñada para ensinarlles sobre seguridade dun xeito lúdico. Aínda que esta actividade será un punto de interese, o verdadeiro foco do evento reside nas múltiples ponencias e cursos que permitirán ás familias mellorar a súa saúde e benestar a través do coñecemento.
Para participar en EXPOFAMILIA, será necesario adquirir un pase de 3 euros, que dá acceso a todas as actividades e sorteos, excepto ás ponencias de Carlos González, que requiren unha entrada adicional dispoñible en Parrulos, Fusión Fitness ou de forma online. Ademais, haberá máis de 20 sorteos ao longo dos dous días, xunto con 8 expositores que ofrecerán produtos especializados en calzado respectuoso, libros, xogos, mochilas e outros artigos de interese.
Por último, o Concello de Xinzo de Limia quere expresar o seu máis sincero agradecemento a todos os profesionais e entidades que fixeron posible esta primeira edición de EXPOFAMILIA, así como a todas as persoas que, desde distintos puntos de Galicia, enviaron o seu apoio e mostraron o seu interese por este evento.sdewp’0wsaeqop
EXPOFAMILIA aspira a converterse nunha cita anual de referencia en Xinzo de Limia, un espazo para compartir, aprender e divertirse, mellorando a calidade de vida das familias galegas.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Servicios Sociais xinzo
Tamén che pode interesar
XIV Abrazo ao Río Limia: compromiso ambiental entre Xinzo de Limia e Ponte de Lima
Diario do Limia XIV Abrazo ao Río Limia: compromiso ambiental entre Xinzo de Limia e Ponte de Lima
O Concello de Xinzo de Limia e a localidade portuguesa de Ponte de Lima celebraron o XIV Abrazo ao Río Limia, un encontro transfronteirizo que reafirma o compromiso de ambas administracións coa protección do medio ambiente e o fortalecemento do irmandamento que as une desde o ano 2012. Durante a xornada, as institucións asinaron un protocolo de compromiso para promover a sensibilización ecolóxica e a conservación do patrimonio natural común. O concelleiro de Xinzo, Carlos Gómez, destacou a impo…
16 de mayo de 2026 2 min lectura
Sandiás recolle 500 kg de residuos na oitava edición da campaña "Á Caza do Lixo"
Concello de Sandiás Sandiás recolle 500 kg de residuos na oitava edición da campaña "Á Caza do Lixo"
No marco do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Sandiás desenvolveu a súa oitava edición da campaña colaborativa "Á Caza do Lixo". Esta iniciativa ten como finalidade concienciar e mobilizar á veciñanza para manter os montes, as aldeas e as rúas libres de residuos mediante a acción conxunta. Resultados da xornada A acción realizouse o sábado 6 de xuño, centrando os esforzos na revisión de puntos críticos de acumulación de lixo maior. Durante a xornada, recolléronse aproximadamente 500…
8 de junio de 2026 2 min lectura
O pasado sábado 23 de maio celebrouse no Concello de Sandiás o encontro poético intercultural de poesía e música con representantes de Venezuela, República Dominicana, España, Ourense e Sandiás. Grazas ás 35 persoas participantes activas no mesmo, que sentiron o pracer de escoitar, habitar a palabra, compartir e crear poesía
Concello de Sandiás O pasado sábado 23 de maio celebrouse no Concello de Sandiás o encontro poético intercultural de poesía e música con representantes de Venezuela, República Dominicana, España, Ourense e Sandiás. Grazas ás 35 persoas participantes activas no mesmo, que sentiron o pracer de escoitar, habitar a palabra, compartir e crear poesía
O encontro poético intercultural e interxeracional tivo lugar o pasado sábado 23 de maio ás 20:00 h na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Sandiás, ambientada para a ocasión coa obra colorista do artista plástico Xosé Eladio. Este acto sitúase no marco da décimo terceira edición do encontro e dos 50 […] La entrada O pasado sábado 23 de maio celebrouse no Concello de Sandiás o encontro poético intercultural de poesía e música con representantes de Venezuela, República Dominicana…
25 de mayo de 2026 1 min lectura