Xoves, 12 de novembro Xinzo 13° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Concello de Xinzo de Limia

O alcalde de Xinzo e o presidente da CHMS supervisan as obras de reconstrución do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras

2 min de lectura

Fonte
Concello de Xinzo de Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
20 mar. 2024
Ver a noticia orixinal

Xinzo de Limia, a 19 de Marzo de 2024.  Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, acompañado de José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-SIL (CHMS), visitaron hoxe o mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras para supervisar o remate das obras de consolidación de infraestructuras hidráulicas e de reconstrución deste importante elemento patrimonial para a comarca da Limia.
Durante as obras consolidáronse restos do mosteiro así como das súas canalizacións de auga ó longo de máis de 500 metros. Tamén se reconstruiron con pedras caídas moitos algúns dos muros do propio mosteiro, co gallo de frear o seu deterioro e facer posible a súa apertura de cara ó público. “Unha vez máis ponse en valor a importancia da colaboración entre o Concello e as diferentes institucións supramunicipais” indicou Amador Díaz, á vez que solicitaba “seguir investindo en Trandeiras, nun mosteiro cun gran potencial patrimonial e turístico”.
Cabe destacar que durante as tarefas de reparación se descubriron estruturas e elementos non visibles ata o de agora, como pode ser o lavatorium na esquina norte do claustro. Todo o proceso foi documentado e coordinado coa axuda dun arquitecto e un arqueólogo, ambos especialistas en intervencións de edificios históricos que nos axudan a comprender a vida neste tipo de comunidades.
A obra finaliza coa instalación de portas nos accesos, así como a pavimentación e sinalización dun percorrido con paneis informativos orientados á creación de visitas didácticas.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser