← Volver La Voz de Galicia

¡Veña, todos a trotar e a bailar!

¡Veña, todos a trotar e a bailar!

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Troteiros, felos ou cabreiros visitaron as aldeas dos seus municipios
03 feb 2024 . Actualizado a las 18:35 h.

Este sábado foi o entroido máis enxebre. O das aldeas e dos pobos. Daqueles que foxen das aglomeracións, das disco móbil e das comparsas e que viven a festa dende a tradición. E os entroideiros non se esquecen deles. Troteiros, felos ou cabreiros recorre ron o seus municipios buscando o aplauso, os sorrisos e, por que non, un bo licor café. Pero tamén estrearon traxes ou os desempoaron e practicaron a marcha antes dos días grandes do entroido.

Ás nove da mañá, un grupo de troteiros de Bande colleu o microbús de camiño á serra. Menos dunha vintena —onte fallaron uns poucos— tomaron camiño a Rubiás. Foi a primeira aldea á que chegaron en tempo. Porque o entroido, e menos o que se vive dentro das casas, non se mide en minutos senón en agarimos. E non se pode rexeitar unha invitación. Así bailaron, tocaron e compartiron abrazos nos trinta pobos polos que descorreu a súa marcha. Comeron bica, galletas, todo tipo de larpeiradas. E beberon tamén. Non só licor café, tamén viño, zumes e auga, porque a marcha foi longa.
Dous troteiros concentraron as miradas dos veciños: os irmáns Xes e Naia. El, con seis anos, xa é un dos que ten experiencia. Este é o terceiro ano que sae. Naia, de 3, repite. O pasado participou e quixo volver. A que estaba de estrea era a súa avoa, Elisa Feijoo. «Está é a primeira vez», dicía entre risas. Así que ela encargouse de vixiar todo o tempo ós pequenos e eles de contarlle de que ía a cousa.

Tamén saíu co traxe Noli Vázquez. Esta moza xa leva tempo recorrendo os pobos: «Son troteira de toda a vida. É un sentimento, algo que mamei dende pequeniña. Sempre o quixen ser. As máscaras recuperámolas no ano 2000 e a partir de aí saín todos os anos. Só faltei unha vez que estaba enferma».
A algo máis de cincuenta quilómetros de distancia a estampa era similar. Inda que neste caso a protagonizaron os felos de Maceda. Saíron por primeira vez neste entroido e tamén tomaron a ruta dos pobos. E dun en especial. En Carguizoi participaron no fiadeiro. Os veciños abriron as portas das súas casas á musica e á festa. Antes, probaron os traxes, xa que para poñelos necesítase axuda. Cando estiveron preparados, soaron as chocas. En Muíños, foron os cabreiros os que coa súa cabeza de cabra e o seu zurrón saudaron a todos os veciños e deron a benvida ó entroido.

En Verín, los cigarrones se concentraron en la plaza en este domingo corredoiro Santi M. Amil
Os cigarróns de Verín e as pantallas de Xinzo estréanse este domingo polas rúas das vilas
Dous vértices do triángulo máxico do entroido ourensán viven hoxe un dos días máis especiais da súa festa. Inda que ó longo da semana pasada, os veciños de Verín e Xinzo puideron ver a cigarróns e pantallas recorrer ás vilas, iso era só un ensaio. Hoxe vístense de arriba abaixo, coas súas mellores galas, xa que é a primeira saída oficial deste ano. Hoxe é o domingo corredoiro.
En Verín, ás 11.30 horas, está prevista a popular concentración de cigarróns na avenida de Castela. De aí irán ás igrexas de Os Mercedarios e parroquial para recibir ó fregueses á saída de misa. Na praza da Alameda, ás 12.30 horas, haberá unha disco móbil que precederá ó pregón, a cargo de Toño Cesteiro, afamado entroideiro da vila do Támega. A orquestra M3 pechará a xornada con senllos concertos ás sete da tarde e ás dez da noite na praza García Barbón.

Mañá sairán por primeira vez as pantallas ás rúas de Xinzo. Para animar a súa presenza haberá charangas dende o mediodía ata as nove da noite. En Cualedro tamén teñen unha cita especial este domingo. A mediodía sairán os zarramoncalleiros, as damas e galáns de Carzoá e o castrón meco de Rebordondo, que esperarán ós fregueses para que os bendigan á saída de misa. Seguidamente descubrirase a escultura da máscara típica que decora a consistorial, para anunciar que empeza a gran festa do entroido.
En Trives, ás 15.30 horas desfilarán os folións; e na Mezquita, no concello de A Merca, celebran o corredoiro do galo e a festa de San Brais.

O entroido na capital vívese hoxe en Seixalbo. É o domingo oleiro e terá lugar o pregón, no que non faltarán as personaxes tradicionais desta festa: Paquita e Nicanor. A cita será pola tarde e contará coa música da charanga Sorcha.

Archivado en: Entroido Bande Carnaval Verín Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
A Merca Bande Carnaval Cualedro Entroido Escultura La Voz de Galicia Muiños Ourense prensa Verín Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
O cine de verán da Deputación chega a 30 concellos de Ourense
La Voz de Galicia O cine de verán da Deputación chega a 30 concellos de Ourense
O circuíto provincial de cine de verán arranca este domingo no Carballiño. O programa levará proxeccións gratuítas ao aire libre a 30 municipios da provincia durante os meses de xullo e agosto. A iniciativa, impulsada pola Deputación de Ourense en colaboración con Gadis e a Asociación Española contra o Cancro, busca achegar a cultura aos concellos que non contan con salas de cine estables. A carteleira consta de nove películas con protagonismo galego, como Rondallas, Leo & Lou e Antes de nós. …
11 de julio de 2026 1 min lectura
A Garda Civil de Ourense reforza o seu persoal con 24 axentes en prácticas
La Voz de Galicia A Garda Civil de Ourense reforza o seu persoal con 24 axentes en prácticas
A Comandancia da Garda Civil de Ourense recibiu este luns a 24 alumnos en prácticas, que se incorporarán ás unidades de seguridade cidadá da provincia para completar a súa formación durante os vindeiros dez meses. Os novos axentes, que teñen idades comprendidas entre os 20 e os 39 anos e entre os que se atopan sete mulleres, iniciarán agora unha fase de 40 semanas de formación sobre o terreo. O seu obxectivo é adquirir a experiencia necesaria para acadar a condición definitiva de gardas civís p…
30 de junio de 2026 2 min lectura
Un médico veterano e a súa filla comparten consulta en Celanova
La Voz de Galicia Un médico veterano e a súa filla comparten consulta en Celanova
O médico José Manuel Garrido, de 68 anos, e a súa filla Alba traballan xuntos no centro policlínico San Rosendo de Celanova, unindo a experiencia do pai e a ilusión da filla por exercer a sanidade no rural. José Manuel, que tamén é alcalde da Merca, leva toda unha vida dedicado á medicina en diversos puntos de Ourense. Aínda que xa superou a idade de xubilación, decidiu continuar exercendo porque se sente con forzas e gústalle a súa profesión. Pola súa banda, Alba seguiu os pasos do seu pai, pe…
20 de julio de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser