La Voz de Galicia
O Barco ampliará o cemiterio municipal con 200 novos nichos a partir de outubro
O Concello do Barco de Valdeorras comezará en outubro as obras para construír 200 nichos novos no cemiterio municipal. A demanda é tan alta que a maioría xa están reservados polas máis de 90 persoas que estaban en lista de agarda.
O concelleiro de Medio Rural, Jesús Jares, confirmou que a alta demanda fará necesaria unha cuarta ampliación no futuro. Estes novos espazos sitúanse nun terreo adxacente ao parque arqueolóxico da Cruz, que xa se preparara hai anos pensando en crecementos progresivos …