Venres, 27 de novembro Xinzo 14° Garda: ANTONIO GOMEZ PENIN
Concello de Vilar de Santos

Certame de debuxo 25N: pola igualdade, a diversidade, o respecto e a tolerancia

2 min de lectura

Fonte
Concello de Vilar de Santos
Concello
Vilar de Santos
Publicada
30 out. 2023
Ver a noticia orixinal

Con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, abrimos este certame de debuxo para peques de entre 3 e 14 anos. A temática dos debuxos pode ser sobre igualdade, diversidade, respecto, tolerancia… Valores que se enaltecen nesa data tan importante.
Podedes presentar as vosas creacións nas oficinas municipais do concello de 9 a 15 horas, na biblioteca de 16 a 20 horas ou de xeito dixital no correo [email protected]. Tedes ata o 10 de novembro! Lembrade que hai premios para todas/os.
BASES DO CERTAME DE DEBUXO
Participantes:
Poderán participar todos os nenos e nenas do concello de entre 3 a 14 anos
Obxectivos: 

Sensibilizar a cidadanía en xeral e as nenas e nenos en particular sobre a igualdade e a diversidade.
Implicar a veciñanza no respecto ás diferencias, e na loita por unha sociedade libre igualitaria, segura e tolerante.

Temática e finalidade: 
Os debuxos presentados deberán reflexaros valores da igualdade,  a diversidade e o respecto e tolerancia,das orientacións sexuais, crenzas relixiosas,… A técnica será libre.
Os debuxos presentados serán publicados nas redes sociais e empregados  os debuxos poderán ser empregados ademais como base para a realización de calendarios, axendas escolares ou calquera outro que se poida estimar por parte do Concello.
Prazo e lugar de presentación: 
O prazo de presentación das propostas remata o 10 de Novembro de 2023. Poderán presentarse:

por correo electrónico na dirección [email protected]
fisicamente nas oficinas municipais, en horario de 9 a 15 horas
na biblioteca, en horario de 16 a 20 horas

Xurado: 
O xurado estará composto polo Alcalde, un/ha concelleira e a traballadora social do concello, sendo o seu veredicto inapelable.
Premio: 
O debuxo gañador darase a coñecer nas redes sociais do concello o DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2023.
O premio consistirá nun VALE para material didáctico.
Tamén haberá un pequeño agasallo para cada participante.

Saber máis · Descubre A Limia Vilar de Santos 784 habitantes · 2 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser