Venres, 27 de novembro Xinzo 14° Garda: ANTONIO GOMEZ PENIN
Dende A Limia

EAPN Galicia declara "Tolerancia e respecto" contra o discurso do odio e a aporofobia

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
29 xul. 2025
Ver a noticia orixinal

O 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, a Asemblea Xeral de EAPN Galicia aprobou por unanimidade a declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia”. A declaración denuncia a normalización do discurso do odio e a aporofobia e chama á responsabilidade colectiva para garantir os dereitos das persoas vulnerables.

Malia que en Galicia non hai representación política que promova discursos de odio, obsérvanse situacións discriminatorias crecentes. EAPN Galicia convida á sociedade civil galega e, en especial, ás organizacións do Terceiro Sector, a sumar esforzos para construír unha sociedade máis xusta e inclusiva.

A declaración reitera os principios da Declaración Institucional do Parlamento de Galicia de 2020, que afirma que “as persoas non son culpables da súa pobreza” e que os poderes públicos deben reducir as desigualdades e combater a discriminación.

EAPN Galicia comprométese a difundir exemplos de convivencia e a respectar a dignidade e a intimidade das persoas en situación de exclusión social.

Enlace á Declaración

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser