Martes, 24 de novembro Xinzo 8° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
Concello de Vilar de Santos

Ábrense as preinscricións ao Concilia de Semana Santa do Concello de Vilar de Santos

2 min de lectura

Fonte
Concello de Vilar de Santos
Concello
Vilar de Santos
Publicada
25 mar. 2025
Ver a noticia orixinal

Anuncio da apertura de preinscricións para o Concilia de Semana Santa do Concello de Vilar de Santos, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. O programa desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, de 9 a 14 horas. Prioridade para empadroados e inscricións ata o 04/04/2025.

Ábrense as preinscricións ao Concilia de Semana Santa do Concello de Vilar de Santos para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. O programa executarase os días 14, 15, 16 e 21 de abril en horario de 9 a 14 horas:

DESTINATARIOS

Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. Ten prioridade absoluta en adxudicación de prazas os nenos e nenas empadroados con ao menos 6 meses de antigüidade no Concello de Vilar de Santos.

SOLICITUDE

O prazo de preinscrición estará aberto ata o 04/4/2025 (inclusive) a través do formulario online habilitado nesta ligazón.

Formulario de preinscrición

Rematado o prazo de preinscrición, publicarase na web do concello https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos e, en caso de quedar prazas libres, o criterio de adxudicación será a orde de inscrición.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA AS PERSOAS ADMITIDAS

Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula unha vez remate o prazo de preinscrición. A matrícula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través do correo electrónico [email protected] remitindo a este enderezo o formulario da solicitude previamente asinado. O formulario de solicitude poderá recollerse nas oficinas municipais ou ben descargalo da seguinte ligazón:

Formalizacion Matricula Semana Santa 2025

BASES COMPLETAS DO CONCILIA SEMANA SANTA 2025

Deben consultarse nesta ligazón:

Bases Concilia Semana Santa 2025

Saber máis · Descubre A Limia Vilar de Santos 784 habitantes · 2 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser