Martes, 24 de novembro Xinzo 8° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
Concello de Vilar de Santos

Preinscricións abertas para o Concilia de Nadal 2024/25

2 min de lectura

Fonte
Concello de Vilar de Santos
Concello
Vilar de Santos
Publicada
29 nov. 2024
Ver a noticia orixinal

Ábrense as preinscricións ao campamento de Nadal do concello de Vilar de Santos para nenas e nenos de entre 3 e 14 anos. O programa executarase do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas:
DESTINATARIOS
Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos de idade.Terán prioridade absoluta na adxudicación de prazas os nenos e nenas empadroados con ao menos 6 meses de antigüidade no Concello de Vilar de Santos.
SOLICITUDE
O prazo de preinscripción estará aberto ata o 17/12/2024 (inclusive) a través do formulario online habilitado nesta ligazón.
https://forms.gle/T4SwBQ4HnysEcxuV6
Rematado o prazo de preinscrición, publicarase na web do concello https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos e, en caso de quedar prazas libres, o criterio de adxudicación será a orde de inscrición.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA AS PERSOAS ADMITIDAS
Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula unha vez remate o prazo de preinscrición. A matricula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través de correo electrónico: [email protected] remitindo a este enderezo o formulario de solicitude previamente asinado. O formulario de solicitude poderá recollerse nas oficinas municipais ou ben descárgalo da seguinte ligazón:
Formalización de matrícula-Concilia Nadal 2024
BASES COMPLETAS DO CONCILIA DE NADAL 2024/25
Deben consultarse nesta ligazón:
Bases Concilia Nadal 2024

Saber máis · Descubre A Limia Vilar de Santos 784 habitantes · 2 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser