← Volver Concello de Xinzo de Limia

Seguridade no Entroido de Xinzo de Limia 2025

Seguridade no Entroido de Xinzo de Limia 2025

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, 29 de xaneiro de 2025.

O Concello de Xinzo de Limia ten todo preparado para garantir a seguridade durante o Entroido 2025, festa declarada de Interese Turístico Internacional e unha das citas máis multitudinarias do calendario festivo galego. Como en anos anteriores, o Plan de Autoprotección do evento inclúe medidas de prevención e resposta ante posibles incidencias, grazas á coordinación entre os diferentes corpos de seguridade e emerxencias.

Entre as novidades deste ano destaca a ampliación do servizo da furgoneta violeta, que protexerá a seguridade das mulleres ante posibles agresións machistas. Este servizo estará operativo non só nos días grandes do Entroido, senón tamén no Petardazo.

Debido á gran afluencia esperada para o Petardazo, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) instalará un camión de posto de mando avanzado para mellorar a resposta ante calquera eventualidade.

Durante as festas, o dispositivo de seguridade contará coa colaboración do Parque de Bombeiros de Xinzo de Limia, Policía Local, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Haberá tamén un posto médico de auxilios, así como efectivos de Cruz Vermella e do CIM para unha resposta rápida e coordinada.

Reforzarase ademais a videovixilancia en puntos estratéxicos da vila, garantindo así unha maior seguridade para veciños e visitantes.

O alcalde, Amador Díaz, fai un chamamento á responsabilidade cívica: «O Entroido é unha festa para todas e todos, e para iso é fundamental o respecto e a colaboración cidadá».

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Novidades xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Remata a terceira quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos
Concello de Vilar de Santos Remata a terceira quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos
Os nenos e nenas que participaron na terceira quenda do Concilia Verán 2026 en Vilar de Santos remataron as súas actividades, que incluíron obradoiros, visitas culturais e excursións. Durante estas semanas, os rapaces participaron en diversas propostas educativas e de lecer: O mundo laboral: coñeceron de preto o traballo de panadeiros, científicos, monitores deportivos, bombeiros e a Garda Civil de Tráfico. Valores: traballaron a igualdade e o respecto mediante as temáticas das películas Zoot…
26 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser