Etiqueta: Novidades

Concello de Xinzo de Limia

O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, decreta a activación do Plan Municipal de Inundacións

  • O rexedor asinou ás 11:30 horas o decreto que pon en marcha o "Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións", constituíndo o Posto de Mando Avanzado con Policía Local e Protección Civil.

  • O Concello informou da gravidade da situación a Educación, Confederación Hidrográfica, Delegación do Goberno, Emerxencias de Galicia, Fomento e Deputación.

  • Aumenta a lista de vías cortadas e instalacións afectadas: institutos con auga, cancélanse as actividades no Campo da Moreira e vixíase o risco no Pavillón e nas Piscinas.

Concello de Xinzo de Limia

O II Concurso de Patapas de Xinzo ampliará a súa duración e contará con máis locais participantes

  • O evento celebrarase do 21 ao 24 de novembro, do 28 de novembro ao 1 de decembro e do 5 ao 8 de decembro, mantendo o prezo do pincho en 2 euros.

  • Máis de 2.500 euros en premios para quen participe da ruta e dos sorteos en redes sociais. 

  • O concurso aumenta establecementos e premios nun evento que dinamiza a economía e a vida social de Xinzo de Limia.