Seis detidos nunha operación contra a venda de produtos falsificados en Ourense e Portugal
A Garda Civil e a policía portuguesa (GNR) desarticularon unha rede que distribuía produtos falsificados entre o sur de Galicia e o norte de Portugal. Seis persoas entraron en prisión por este delito contra a propiedade industrial. A chamada operación Malabis, coordinada por Europol, centrouse nos concellos de Xinzo de Limia, Verín e A Gudiña, ademais de localidades do norte de Portugal. O grupo criminal utilizaba estas zonas para almacenar e introducir a mercancía ilegal, que posteriormente…











