Concello de Xinzo de Limia
Xinzo de Limia prepárase para a XXVI Festa do Esquecemento
A vila de Xinzo de Limia acollerá a Festa do Esquecemento os vindeiros días 21, 22 e 23 de agosto. O campamento galaico-romano xa se está a montar para recibir aos milleiros de visitantes que se esperan durante a fin de semana.
Esta edición da festa, organizada pola asociación Civitas Limicorum e o Concello, ofrece unha programación pensada para todos os públicos:
Máis de 50 actividades gratuítas.
54 grupos participantes.
13 tropas estranxeiras.
12 grupos musicais.
O Concello xa traballa n…