La Voz de Galicia
Primeira edición da Escola de Pastores en Xinzo de Limia xa en marcha
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e en colaboración con Ovica (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia), puxo en marcha o primeiro curso da Escola de Pastores en Xinzo de Limia. A iniciativa conta con 25 alumnos e a Consellería cubre a totalidade da matrícula.
O obxectivo principal desta escola é dar resposta á demanda de persoas que desexan dedicarse ao sector agrogandeiro e, ao mesmo tempo, afrontar o relevo xeracional no m…