Antela FC
O Antela debuta en Terceira Federación este domingo contra o Viveiro
O Antela FC inicia a súa andaina na Terceira Federación este domingo ás 12:00 horas, visitando ao Viveiro no campo de Cantarrana. Este é o desprazamento máis longo da historia do club, xa que os xogadores de Xinzo terán que percorrer 250 quilómetros.
O equipo, adestrado por Bruno Gómez Cid, chega ao debut tras unha boa pretemporada e mantén a 14 xogadores que xa estaban no club o ano pasado. A lista oficial de 22 futbolistas inscritos inclúe tanto aos que lograron o ascenso coma as novas fichax…