Mércores, 11 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Noticias

CDR O Viso

76 noticias

Luns, 9 de novembro

CDR O Viso · 9 nov. Xinzo de Limia Cima de Ribeira

Participamos na Expofamilia 2026: punto de encontro ó redor da educación, a saúde, o benestar, a inclusión e o lecer

Participamos no encontro «Café, Familia e Escola», o domingo 8 de novembro dentro de EXPOFAMILIA 2026. A idea era que cada participante puidera compartir brevemente o seu traballo, a súa experiencia e a súa visión da educación desde diferentes ámbitos e realidades. Para despois abrir unha conversa na que participaran tanto os integrantes da mesa coma o público. Un encontro participativo, próximo e enriquecedor, onde docentes, profesionais e familias  intercambiaran ideas, expor inquietudes,…

Xoves, 29 de outubro

CDR O Viso · 29 out. Sarreaus Lodoselo

Intercambio xuvenil Culture in Motion, unha experiencia de aprendizaxe intercultural en Lodoselo

Do 23 ao 29 de outubro, un total de 24 adolescentes, 12 procedentes de Galicia e 12 de Francia, participaron en Lodoselo no intercambio xuvenil Culture in Motion, unha experiencia de aprendizaxe intercultural que tivo como escenario o rural galego. A temática foi o o uso dos xogos tradicionais como ferramenta de inclusión social, xestión socioemocional e desenvolvemento da identidade cultural en adolescentes. Ó longo dunha semana, as e os participantes compartiron vivencias, descubriron novas…

Luns, 19 de outubro

CDR O Viso · 19 out.

Estivemos na Área de Benestar Social da Deputación de Ourense

Este luns 19 de outubro estabamos convocados a unha reunión na Deputación de Ourense; recibíronnos Patricia Torres, deputada de Políticas Sociais, Conciliación e Envellecemento Activo, e Montse Rodríguez, Directora adxunta da Área de Benestar. Durante o encontro tivemos a oportunidade de compartir algo da realidade do traballo que desenvolvemos e enfocamos algúns asuntos nos que podemos mellorar coa boa disposición e a experiencia de colaboración que recentemente tivemos coa Regularización…

CDR O Viso · 19 out. Sarreaus Lodoselo

I Seminario Educar e Participar para Transformar

Despois de termos colaborado no desenvolvemento dunha tese de doutoramento centrada na análise e posta en valor de prácticas de acción comunitaria promovidas pola cidadanía, nomeadamente aquelas que se enmarcan no asociacionismo sociocultural galego recibimos o convite do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC para participar no I Seminario “Educar e participar para transformar: o tecido asociativo como elemento clave da acción comunitaria”. Celebrarase os días 20, 21 e 22 de outubro na…

Mércores, 7 de outubro

CDR O Viso · 7 out.

Participamos no VIII Barómetro do Terceiro Sector

Este pasado martes, 6 de outubro, participamos, a través dunha sesión en liña, no VIII Barómetro do Terceiro Sector, dando continuidade a investigacións anteriores, contribuíndo a esa radiografía de referencia que analiza a realidade de todo o sector social en España. Estes estudos cuantitativos e cualitativos, recollen datos, coñecementos e experiencias de entidades e persoas expertas no sector co fin de ampliar o coñecemento sobre a súa estrutura e funcionamento, dimensión, contribución…

Martes, 6 de outubro

CDR O Viso · 6 out.

Impulsando oportunidades de emprego no sector sociosanitario na Limia

Desde o CDR O Viso, a través do servizo de orientación laboral e no marco do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza, seguimos traballando para acompañar ás persoas na mellora da súa empregabilidade, promovendo itinerarios personalizados que dean resposta tanto ás súas necesidades como ás oportunidades que ofrece o mercado laboral na comarca da Limia. A comezos de 2026 atendemos un grupo de persoas interesadas en orientar o seu futuro profesional…

Venres, 2 de outubro

CDR O Viso · 2 out.

Participamos nos encontros de Lúa Chea

Na tardiña do 1 de outubro participamos nos encontros de Lúa Chea. Nun dos faladoiros deste ano que teñen coma obxectivo “crear espazos informais de conversa e contraste de opinións no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC)”. Os Encontros de Lúa Chea están organizados polo colectivo universitario Proxéctate en Galego (da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría) e integrado na programación de Lugo Cultural. Graciñas polo…

Mércores, 29 de xullo

CDR O Viso · 29 xul.

A revolución dos coidados xa está aquí

Que hoxe, 29 de xullo, El País sitúe a revolución dos coidados en Lodoselo, no Centro de día, é ... unha esaxeración.  Que na edición de El País dixital apareza con este título: La revolución de los cuidados ya está aquí: “Nos adaptamos a lo que cada uno necesita” e a foto de cinco veciñas/os compartindo portada cunha noticia nacional (sobre a presidencia do goberno español), internacional (Rusia e Corea) e a detención dun home relacionada coa morte da súa  parella (maldita ruindade!) é un…

Luns, 27 de xullo

CDR O Viso · 27 xul.

A mirada que atribúe tenrura e importancia

Este domingo 26 de xullo o Faro de Vigo publicaba esta nova CDR O Viso, la tesis que convierte en ciencia 40 años de una utopía rural -.  Graciñas Mª Esther Pérez Enríquez, Isabel Mociño e X. M. Cid. Unha vez máis alimentando a comunidade. Permitíndonos re-coñecernos, sosternos, tolerar a mutua fraxilidade. A memoria do que fomos que non é só coñecer os feitos, é tratar de comprender como o viviron os que estaban alí. Rescatando a memoria máis humilde, o coñecemento específico local froito…

Xoves, 9 de xullo

CDR O Viso · 9 xul.

A Deputación de Ourense apoia, un ano máis, o Proxecto Integral de Intervención Comunitaria na Comarca da Limia – Servizos de Proximidade

O C.D.R. O Viso vén de resultar beneficiario, un ano máis, da convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense destinada a entidades sociais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de carácter social durante o ano 2026. Grazas a esta colaboración, podemos seguir desenvolvendo o Proxecto Integral de Intervención Comunitaria na Comarca da Limia – Servizos de Proximidade, unha iniciativa orientada a mellorar a calidade de vida das persoas do medio rural, promovendo unha…

Mércores, 8 de xullo

CDR O Viso · 8 xul.

Remata un curso cheo de aprendizaxes e novas oportunidades!

Con xuño poñemos o broche final a unha nova edición do Programa para a Atención Educativa de Persoas Adultas no Medio Rural, un proxecto que nos acompañou desde setembro de 2025 e que, un ano máis, nos deixou moitos momentos para lembrar. Ao longo destes meses compartimos moito máis ca actividades. Aprendemos xuntas, descubrimos novas formas de comunicarnos, exercitamos a mente, gañamos confianza e seguimos demostrando que cada pequeno avance conta. Cada sesión foi unha oportunidade para…

Martes, 30 de xuño

CDR O Viso · 30 xuño

Moito máis que coller nabizas

Este luns 29 de xuño, unha das actividades extra, no CDR O Viso foi unha quedada para apañar nabizas que despois escaldamos e conxelamos para procurarmos alimentos que son máis que produtos de consumo; que se producen grazas ó coidado do chan, as sementes, o sol, a auga, o traballo do labrego (grazas Tere, Pepe). A Tere (Solveira) e o Pepe teñen en Lodoselo, no Carballo, o espazo Agrícola Mellado Casal. Estes veciños produtores agrícolas e comercializadores recoñecidos sobre todo polo cultivo…

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser