Mércores, 11 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
CDR O Viso

Moito máis que coller nabizas

2 min de lectura

Fonte
CDR O Viso
Publicada
30 xuño
Ver a noticia orixinal

Este luns 29 de xuño, unha das actividades extra, no CDR O Viso foi unha quedada para apañar nabizas que despois escaldamos e conxelamos para procurarmos alimentos que son máis que produtos de consumo; que se producen grazas ó coidado do chan, as sementes, o sol, a auga, o traballo do labrego (grazas Tere, Pepe).
A Tere (Solveira) e o Pepe teñen en Lodoselo, no Carballo, o espazo Agrícola Mellado Casal. Estes veciños produtores agrícolas e comercializadores recoñecidos sobre todo polo cultivo e distribución de pataca tamén botan cereal, colza, nabizas… e cada pouco tempo avísannos para dicirnos que vaiamos collelas. Graciñas
Sermos rurais é tamén non perder esta conexión coa terra; co chan fértil e coas plantas saudables. E procurarmos alimentos que sexan a fonte principal de saúde e benestar. Apostar non por maximizar a produción senón por organizala e distribuíla tendo presentes os dereitos/deberes e o benestar colectivo dentro dos límites planetarios. Estes pequenos xestos do día a día (grazas Alberto que na semana de vacacións acude á quedada), atender as necesidades locais, as prioridades sociais e ecolóxicas… son mostra de que tamén estamos a desenvolver unha economía social e solidaria.
A última quedada fora o 6 de abril e onte tocou de novo. Feliz coincidencia no día que El País visibilizou “Daquídarredor”, a asociación agroalimentaria galega que quere demostrar que unha alimentación hiperlocal é posible. Xente que coñecemos e que leva uns anos con este  proxecto que fai realidade un sistema alimentario territorializado a través da venta en común co obxectivo de que o valor xerado permaneza na comarca.  

http://https://opais.com/gastronomia/2026-06-29/daquidarredor-la-asociacion-agroalimentaria-gallega-que-quiere-demostrar-que-una-alimentacion-hiperlocal-es-posible.html
Agradecemos e queremos darlle difusión, unha vez máis, a este tipo de novas porque o contrario, do que tamén somos sabedores e aparece  todos días nos medios, “parasitos da sociedade”, xente que rouba, engana, se aproveita…  si que hai tamén moita xente de boa vontade, xente xenerosa, comprometida cos demais.
 

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser