← Volver Concello de Xinzo de Limia

Pleno Municipal de Xinzo de Limia - 10 de abril de 2025

Pleno Municipal de Xinzo de Limia - 10 de abril de 2025

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Pleno Municipal de Xinzo de Limia aprobou, entre outros asuntos, reiterar a solicitude de recoñecemento da Festa do Esquecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia, bonificar o ICIO para a instalación dun ascensor no CEIP Carlos Casares, asumir a xestión da auga da comunidade de usuarios de Gudín e instar ás administracións a respectar o topónimo oficial de Xinzo de Limia. Tamén se declarou a zona como vulnerable por nitratos, sen prexuízo para o sector agrícola, e se aprobou unha modificación de crédito de 955.000 euros.

Xinzo de Limia, 10 de abril de 2025.

O Pleno da Corporación Municipal de Xinzo de Limia comezou hoxe cun minuto de silencio en sinal de repulsa polo asasinato machista ocorrido o pasado domingo no concello de O Bolo. Entre os acordos adoptados, destaca a reiteración da solicitude para que a Festa do Esquecemento sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, coincidindo este ano co seu 25 aniversario. A proposta foi presentada pola asociación organizadora, Civitas Limicorum, o pasado 1 de abril, e contou co voto favorable de todos os grupos municipais. Xa no ano 2023 se tentara este recoñecemento, e neste novo intento púxose en valor o papel do Esquecemento como evento de referencia cultural e económica para Xinzo de Limia.

Tamén por unanimidade se aprobou a bonificación do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) para a instalación dun ascensor no CEIP Carlos Casares. Trátase dunha redución fiscal prevista na ordenanzas municipais para determinados supostos, como é o caso desta actuación de mellora da accesibilidade nun centro educativo público.

Outro dos asuntos aprobados foi a asunción por parte do Concello do aproveitamento de augas da comunidade de usuarios de Gudín por un período de 20 anos, conforme á autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). Ata o de agora, a subministración era xestionada polos propios veciños, mais a partir de agora será responsabilidade do Concello, que instalará sistemas de cloración para garantir a potabilidade e que a veciñanza poida continuar empregando esta auga con todas as garantías.

No relativo á moción sobre a declaración de Xinzo como zona vulnerable por nitratos, aprobada por unanimidade, o alcalde Amador Díaz destacou que “esta declaración non debe converterse nun prexuízo para os agricultores e gandeiros”. Segundo explicou, as prácticas actuais de abonado conteñen niveis de nitratos moi por debaixo dos límites que establecería o hipotético decreto, polo que non debería haber consecuencias negativas para o sector. En calquera caso, seguirase traballando para garantir que a declaración sirva para mellorar sen penalizar.

No ámbito económico, o pleno aprobou unha modificación de crédito de 955.000 euros con cargo ao remanente de tesouraría do exercicio 2024, que permitirá financiar distintas actuacións en obras, infraestruturas, deporte, cultura e outras necesidades. Unha parte dese importe, concretamente 300.000 €, destinarase á amortización do Plan de Axuste. A proposta foi aprobada cos votos do grupo de goberno e a abstención dos grupos da oposición.

Finalmente, fóra da orde do día, a Corporación presentou de maneira conxunta unha moción urxente para instar a todas as administracións competentes a respectar o topónimo oficial de Xinzo de Limia (Ourense). Esta petición prodúcese despois de que un décimo de lotería estatal fixese referencia á vila como “Ginzo de Limia (Orense)”, incumprindo a normativa vixente sobre nomes oficiais. A moción solicita, ademais, que se traslade esta demanda á Xunta de Galicia para que medie diante do Ministerio e da Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado, esixindo rectificacións, desculpas e garantías para evitar que isto se repita.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Portadas xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
O Conservatorio de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027
Diario do Limia O Conservatorio de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027
O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia xa permite inscribirse nas súas ensinanzas para o vindeiro curso. Hai prazos distintos segundo a idade e o nivel de estudos que se queira cursar. Cursos para os máis pequenos (sen proba de acceso): 6 anos (Música e Movemento) e 7 anos (Iniciación Musical): O prazo de matrícula remata o 22 de setembro de 2026 ou ata que se esgoten as prazas. Probas de acceso para ensinanzas oficiais: 1º de Grao Elemental: Inscrición ata o 8 de setembro; …
3 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser