← Volver Concello de Xinzo de Limia

Os concellos da Limia fan fronte común e solicitan unha reunión urxente coa Xunta ante os estragos dos temporais

Os concellos da Limia fan fronte común e solicitan unha reunión urxente coa Xunta ante os estragos dos temporais

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O luns 10 de marzo de 2026, os alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia reuníronse de urxencia en Xinzo de Limia para acordar unha estratexia conxunta co obxectivo de conseguir fondos para a recuperación das infraestruturas danificadas por temporais recentes.

O principal acordo foi solicitar unha reunión urxente co presidente da Xunta de Galicia, xa que consideran que a magnitude dos danos excede a capacidade financeira dos concellos.

A pesar de que a maioría dos concellos xa iniciaron os trámites para acollerse ao plan de axudas do Goberno do Estado, cunhas valoracións técnicas que superan os 4 millóns de euros para toda a comarca, estas axudas cobren como máximo o 50% dos custos. Os alcaldes argumentan que esta porcentaxe é insuficiente para o rural, xa que a outra metade do investimento comprometería a estabilidade financeira dos concellos. Por iso, tamén estenderán as súas demandas á Deputación de Ourense, buscando a implicación coordinada das tres administracións.

Na xuntanza, destacouse que os danos en pistas, accesos e infraestruturas públicas afectan a toda a comarca por igual. Celebraron a incorporación de novos municipios a esta estratexia reivindicativa, consolidando un bloque que representa á práctica totalidade da Limia. Os concellos que integran esta fronte común son: Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

A comarca da Limia fala cunha soa voz para esixir que a Xunta de Galicia recoñeza a gravidade da situación e actúe de xeito urxente para garantir a seguridade e a mobilidade da veciñanza.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Portadas xinzo
Tamén che pode interesar
Arranxo na rúa do Souto do barrio de abaixo na aldea de sandiás cun presuposto de preto de 46.000 euros
Concello de Sandiás Arranxo na rúa do Souto do barrio de abaixo na aldea de sandiás cun presuposto de preto de 46.000 euros
A actuación na Rúa do Souto do Barrio de Abaixo na aldea de Sandiás atopase incluída dentro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Mnicipales da Deputación Provincial de Ourense (CooperOU) para o exercicio 2026. O orzamento base de licitación das obras con IVE incluído é de 45.769, 23 Euros. A empresa encarga […] La entrada Arranxo na rúa do Souto do barrio de abaixo na aldea de sandiás cun presuposto de preto de 46.000 euros se publicó primero en Concello de Sandiás.
30 de septiembre de 2026 1 min lectura
Formación en corresponsabilidade
Concello de Sandiás Formación en corresponsabilidade
“Mesmo fogar, mesmas responsabilidades” Sandiás organiza unha formación en liña sobre corresponsabilidadeBaixo o lema «Mesmo fogar, mesmas responsabilidades», o Concello de Sandiás organiza unha formación en corresponsabilidade centrada no reparto das tarefas domésticas e dos coidados no fogar.O curso desenvolverase en liña. As persoas participantes poderán acceder aos contidos durante todo o mes de outubro.O […] La entrada Formación en corresponsabilidade se publicó primero en Concello de Sandi…
28 de septiembre de 2026 1 min lectura
NOTICIAS XINZO | La Casa da Cultura de Xinzo acogerá la exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»
Diario do Limia NOTICIAS XINZO | La Casa da Cultura de Xinzo acogerá la exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»
El Concello de Xinzo de Limia, ABANCA y Afundación, la Obra Social de ABANCA, han firmado este martes un convenio de colaboración para realizar conjuntamente la exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote».   En el acto de rúbrica participaron el alcalde del Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz; el coordinador institucional de ABANCA, Mateo Alonso; y la coordinadora institucional de Afundación en Ourense y Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. La muestra se podrá visitar del 21 de …
13 de octubre de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser