← Volver Concello de Xinzo de Limia

Remata coa entrega de diplomas o Obradoiro de Emprego no Camiño

Remata coa entrega de diplomas o Obradoiro de Emprego no Camiño

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 26 de setembro de 2023.  Esta mañá celebrouse na Casa da Cultura o acto de clausura e entrega de diplomas ás 20 persoas participantes deste Obradoiro de Emprego. O programa cofinanciouse entre a Consellería de Emprego e Igualdade e os concellos de Xinzo de Limia e Sandiás.
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, estivo acompañado polo alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, polo xefe territorial de Emprego e Igualdade, Iago Borrajo, e pola exalcaldesa Elvira Lama. O acto estivo moderado por Margarita Vázquez Alcalde, directora do Obradoiro.
Tódolos intervenientes quixeron agradecer o traballo e implicación das 20 alumnas e alumnos, que conseguiron levar adiante moitos proxectos de humanización en ambos concellos. Concretamente en Xinzo de Limia, podemos destacar os traballos de xardinaría entorno ás principais tarefas de mantemento dos moitos parques e xardíns que temos no Concello. Reparación e renovación de xardineiras, poda de árbores e un longo etcétera de actuacións nos entornos do Parque da Seara, Rúas Lepanto e Galicia, o grupo Santa Mariña ou o Parque do Pombal entre outras. Tamén se incidiu por parte da sección de carpintaría no mantemento e reparación de bancos, así coma no embelecemento e humanización de diferentes zonas coa instalación de varandas  ou cobertoiras para os colectores do lixo.
A día de hoxe existe intencionalidade por parte de tódalas institucións implicadas en darlle continuidade a este proxecto. Dende o Concello de Xinzo de Limia, sinalou o alcalde Amador Díaz que “queremos seguir ofertando cada ano este Obradoiro tan positivo para a mellora da empregabilidade, así como para a humanización de espazos públicos durante os diferentes procesos de aprendizaxe das alumnas e dos alumnos”.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Empleo xinzo
Tamén che pode interesar
Nova cita no #outono coa Furgoteca en Sandiás na primera ruta do #venres 9 de Outubro!
Concello de Sandiás Nova cita no #outono coa Furgoteca en Sandiás na primera ruta do #venres 9 de Outubro!
📅 Data e itinerario 1ª ruta: 📌 9 de 0utubro, venres 📍 Sandiás e Coalloso (Praza do Concello) – 10:00 h a 11:00 h📍 Piñeira, A Fontela e Arcos (Vivenda Géminas) – 11:10 h a 12:30 h📍 Santa Ana, Novaíño, Ladeira, As Pegas e O Castro (Praza Centro de Santa Ana) – 12:40 h a […] La entrada Nova cita no #outono coa Furgoteca en Sandiás na primera ruta do #venres 9 de Outubro! se publicó primero en Concello de Sandiás.
8 de octubre de 2026 1 min lectura
Simulacro de evacuación por incendio no Punto de Atención Infantil de Sandiás
Concello de Sandiás Simulacro de evacuación por incendio no Punto de Atención Infantil de Sandiás
O martes 29 de outubro celebrouse un simulacro de evacuación por incendio no Punto de Atención Infantil de Sandiás, co obxectivo de comprobar o correcto funcionamento dos protocolos de emerxencia e evacuación do centro. Na actividade participou Protección Civil de Sandiás, que colaborou no desenvolvemento do simulacro e nas tarefas de apoio durante a evacuación. […] La entrada Simulacro de evacuación por incendio no Punto de Atención Infantil de Sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
30 de septiembre de 2026 1 min lectura
O BNG de Xinzo pide recuperar as mesas electorais de Laroá e Parada de Ribeira
Diario do Limia O BNG de Xinzo pide recuperar as mesas electorais de Laroá e Parada de Ribeira
O BNG de Xinzo de Limia insta ao goberno municipal a reclamar, dentro do actual prazo de alegacións, a volta das mesas electorais de Laroá e Parada de Ribeira, eliminadas en 2024. O voceiro nacionalista, Camilo Vila, sinala que a supresión destas mesas obriga aos veciños destas parroquias a desprazarse lonxe para exercer o seu dereito ao voto. A formación considera que o Concello debe aproveitar este trámite administrativo para facilitar a mobilidade da poboación rural. A proposta do BNG céntr…
14 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser