← Volver Concello de Xinzo de Limia

Os obradoiros de emprego deixan pegada: nove meses de formación e resultados visibles

Os obradoiros de emprego deixan pegada: nove meses de formación e resultados visibles

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 22 de novembro de 2024. A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu o acto de clausura da última edición do “Obradoiro de Emprego O Peregrino”, que tivo unha duración de 9 meses e contou coa participación de 20 alumnas e alumnos de Xinzo e Sandiás. O programa, impulsado grazas á colaboración entre ambos os concellos e co financiamento da Xunta de Galicia, destacou por combinar formación teórica e práctica en especialidades clave como instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e carpintería.
No evento estiveron presentes o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, e a xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Vázquez Guzmán, así como a directora do obradoiro, Margarita Álvarez, o persoal técnico e o alumnado.
Amador Díaz destacou no seu discurso o impacto positivo deste tipo de programas, tanto na capacitación dos participantes como no embelecemento do noso concello: “Os obradoiros de emprego son unha ferramenta imprescindible para axudar á inserción laboral das nosas veciñas e veciños, ofrecendo formación práctica que lles permitirá atopar unha saída profesional. Ao mesmo tempo, son visibles nas nosas rúas e camiños, onde o traballo realizado polos alumnos quedará como legado para o disfrute de toda a veciñanza. Desde Xinzo continuaremos apoiando estas iniciativas que benefician tanto á capital da Limia como ao conxunto da comarca”.
Entre as actuacións desenvolvidas, cabe destacar os traballos de acondicionamento no Camiño de Santiago e a recuperación de espazos verdes, sempre coa calidade e compromiso que caracteriza a este obradoiro. Ademais, a formación incluiu visitas a empresas locais, ofrecendo unha visión práctica e real do mercado laboral, e que facilitará a moitas das persoas participantes un futuro no sector privado grazas ás competencias adquiridas.
O acto de peche serviu tamén para anunciar a continuidade deste proxecto, coa posta en marcha dun novo obradoiro que dará comezo xa no mes de decembro, reafirmando o compromiso de Xinzo como cabeceira comarcal no impulso ao emprego e á formación de calidade.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Empleo xinzo
Tamén che pode interesar
A poeta venezolana Nancy Conde publica «Rexurdindo do río», un libro sobre o duelo e a superación
Concello de Sandiás A poeta venezolana Nancy Conde publica «Rexurdindo do río», un libro sobre o duelo e a superación
A docente e cantautora Nancy Herminia Conde Vázquez vén de publicar Rexurdindo do río, unha obra que mestura poesía e cancións para expresar a dor pola perda da súa filla, vítima dun feminicidio. O libro nace como un exercicio de resiliencia onde a autora utiliza a metáfora do río para representar o movemento das emocións: da dor máis profunda cara á aceptación e a esperanza. A obra inclúe 39 poemas e está estruturada en tres bloques temáticos: Duelo e memoria: centrados na ausencia e na nosta…
28 de septiembre de 2026 1 min lectura
Mercado de artesanía e produto local na Arca da Noe
Concello de Vilar de Santos Mercado de artesanía e produto local na Arca da Noe
Este domingo, 25 de outubro, A Arca da Noe acollerá un mercado de artesanía e produto local, unha iniciativa organizada polo propio establecemento. Unha oportunidade para coñecer diferentes propostas artesanais e produtos de proximidade. Toda a información sobre a actividade pode consultarse no cartel adxunto.
23 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser