← Volver Concello de Xinzo de Limia

Máis de 500 escolares celebran en Xinzo o “XII Abraço ao Río Limia”

Máis de 500 escolares celebran en Xinzo o “XII Abraço ao Río Limia”

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 20 de xuño de 2024. Este xoves, a comunidade educativa de Xinzo de Limia recibiu a escolares de Ponte de Lima para celebrar o XII Abraço ao Río Limia, unha iniciativa conxunta entre o Concello de Xinzo e a Câmara de Ponte de Lima. Estas xornadas contan coa implicación dos CEIP Rosalia de Castro e CEIP Carlos Casares, que participan neste proxecto desde a súa cuarta edición no ano 2014. Nesta edición estiveron tamén representados o CE das Lagoas e o EB1 de Ponte de Lima.

Durante o acto central, máis de 500 escolares xuntáronse nun emotivo encontro arredor do río, uníndose polas mans para simbolizar o abraço. A continuación, realizaron unha plantación simbólica para reafirmar o compromiso común coa sustentabilidade ambiental. As actividades continuaron cun xantar e visitas culturais, incluíndo unha visita ao Museo Galego do Entroido.
O XII Abraço ao Río Limia fortalece as relacións entre as persoas participantes, e tamén serve como un recordatorio da capacidade dos ríos e da auga para unir comunidades. Estiveron presentes o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, concelleiros da corporación local, autoridades de Ponte de Lima e directores dos colexios implicados.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Educación xinzo
Tamén che pode interesar
O BNG de Xinzo pide recuperar as mesas electorais de Laroá e Parada de Ribeira
Diario do Limia O BNG de Xinzo pide recuperar as mesas electorais de Laroá e Parada de Ribeira
O BNG de Xinzo de Limia insta ao goberno municipal a reclamar, dentro do actual prazo de alegacións, a volta das mesas electorais de Laroá e Parada de Ribeira, eliminadas en 2024. O voceiro nacionalista, Camilo Vila, sinala que a supresión destas mesas obriga aos veciños destas parroquias a desprazarse lonxe para exercer o seu dereito ao voto. A formación considera que o Concello debe aproveitar este trámite administrativo para facilitar a mobilidade da poboación rural. A proposta do BNG céntr…
14 de octubre de 2026 1 min lectura
Protección Civil de Sandiás presente na III Carreira Solidaria da Garda Civil en Ourense
Concello de Sandiás Protección Civil de Sandiás presente na III Carreira Solidaria da Garda Civil en Ourense
Protección Civil de Sandiás presente na III Carreira Solidaria da Garda Civil en Ourense A agrupación de Protección Civil de Sandiás estivo este domingo, 4 de outubro, na terceira edición da Carreira Solidaria da Garda Civil «Pilar 2026», que se celebrou na cidade de Ourense. A proba convertiu a Praza Maior da capital ourensá no […] La entrada Protección Civil de Sandiás presente na III Carreira Solidaria da Garda Civil en Ourense se publicó primero en Concello de Sandiás.
5 de octubre de 2026 1 min lectura
Mulleres coñecendo os seus dereitos e recursos
Concello de Sandiás Mulleres coñecendo os seus dereitos e recursos
📝 Coñecer os nosos dereitos é tamén unha forma de gañar autonomía, seguridade e capacidade para tomar decisións.Dentro do Programa Rosalía, este 30 de setembro ás 19:30 horas, a Casa da Cultura de Sandiás acollerá unha nova actividade de empoderamento dirixida ás mulleres, un espazo para achegar información útil sobre os seus dereitos e os […] La entrada Mulleres coñecendo os seus dereitos e recursos se publicó primero en Concello de Sandiás.
30 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser