
Finaliza en Vilar de Santos o programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
- Fonte
- Concello de Vilar de Santos
- Concello
- Vilar de Santos
- Publicada
- 29 set. 2025
Concluíu o programa do Servizo de promoción da igualdade do Concello de Vilar de Santos, subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+).
O programa, desenvolvido dende abril, tivo como obxectivo principal previr a violencia de xénero e mellorar a situación de mulleres en situación de vulnerabilidade. 28 mulleres participaron en obradoiros que contribuíron á súa autoestima e á adquisición de coñecementos e habilidades para mellorar a súa situación persoal, emocional e social.
Saber máis · Descubre A Limia
Vilar de Santos
784 habitantes · 2 parroquias
Coñecer o concello →


