← Volver La Voz de Galicia

O historiador Edelmiro Martínez Cerredelo recibiu o premio Pedra Alta

O historiador Edelmiro Martínez Cerredelo recibiu o premio Pedra Alta

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Cerredelo, co premio Pedra Alta. Santi M. Amil

A asociación do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia recoñeceu o incansable traballo de investigación e divulgación realizado polo homenaxeado
10 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo da Limia, situado en Vilar de Santos, celebrou este sábado a súa cita anual máis solemne: a entrega do Premio Pedra Alta, que o seu padroado outorga a persoas ou entidades cuxa obra ou labor axuda a dar a coñecer esta comarca ourensá. Neste caso a peza que acompaña a este recoñecemento, unha réplica en granito da Pedra Alta feita polo escultor Xosé Lois Carreira, recolleuna o historiador Edelmiro Martínez Cerredelo (Xinzo de Limia, 1946). Xulio Prada Rodríguez, decano da Facultade de Historia do Campus de Ourense, foi o encargado de entregarlla xunto co diploma que a acompaña, mentres que o presidente do Centro de Cultura Popular do Limia e membro do consello asesor do museo, Manuel Seoane Feijoo, repasou a traxectoria do premiado nun acto celebrado no salón multiusos do Concello de Vilar de Santos.

A Asociación Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, que é quen outorga este premio, quixo recoñecer a Miro (como se lle coñece na contorna) o seu esforzo por contribuír ao coñecemento da historia máis próxima. Este historiador limiao, nomeado fillo predilecto de Xinzo no 2022, ten feito, segundo destacou o xurado «un intenso e fecundo traballo de investigación e difusión centrado na memoria máis próxima das terras da Limia, un campo case ermo antes del».
O seu primeiro libro foi A prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925). Dous anos máis tarde, ve a luz Historia e memoria. A Limia: 1931-1953. O labor pescudador e divulgador levouno a indagar en períodos máis afastados da historia, como queda patente en Julián Toubes (1796-1870). O correxedor que quixo desecar a lagoa, que publicou no ano 2009; Historia de Xinzo de Limia ou Xinzo de Limia na memoria, que viron a luz entre o 2012 e o 2016. Tamén pescudou e publicou obras sobre o centenario club de fútbol Antela, o entroido de Xinzo ou a historia musical da comarca. E foron precisamente os alumnos do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia os que puxeron o acompañamento musical á entrega do galardón.

Archivado en: Comarca da Limia Ourense ciudad Xinzo de Limia Historia Vilar de Santos

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Carnaval Comarca da Limia Entroido Historia La Voz de Galicia Ourense Ourense ciudad prensa vilar de santos Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
O Antela suma un punto de mérito en Portonovo
La Voz de Galicia O Antela suma un punto de mérito en Portonovo
O Antela FC acadou un empate sen goles (0-0) na súa visita ao campo do Portonovo, nun encontro moi igualado onde a defensa limiá mantivo a solidez fronte a un rival directo na táboa. O partido foi moi disputado e con poucas ocasións de gol por ambos os dous bandos. O protagonista do conxunto visitante foi o porteiro Iago Salgado, que realizou unha intervención clave para deter un remate de cabeza de Yoel Crespo, a oportunidade máis clara dos locais. Pola súa parte, o equipo de Bruno Gómez most…
19 de octubre de 2026 1 min lectura
Martín Gil, novo presidente de Novas Xeracións do PP en Ourense
La Voz de Galicia Martín Gil, novo presidente de Novas Xeracións do PP en Ourense
Martín Gil foi elixido novo presidente de Novas Xeracións (NNXX) de Ourense co apoio do 98,5 % dos votos durante o noveno congreso provincial celebrado esta fin de semana, no que participaron máis de 200 mozos. O relevo na dirección, que ata agora ocupaba Nacho Campo, centrouse en marcar as prioridades da organización para os próximos anos. Estes son os obxectivos e novidades máis salientables: Conectar cos mozos: O novo presidente, Martín Gil, quere traballar en problemas reais como o acceso …
19 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela visita hoxe ao Arenteiro nun derbi ourensán de Tercera Federación
La Voz de Galicia O Antela visita hoxe ao Arenteiro nun derbi ourensán de Tercera Federación
O Antela FC xoga esta tarde no campo de Espiñedo (O Carballiño) contra o CD Arenteiro. O encontro, un derbi provincial dentro da Tercera Federación, comezará ás 19:00 horas. O Antela, adestrado por Bruno Gómez, chega ao partido con moral tras gañar ao Somozas, a pesar da baixa por lesión de Iñaki Bellido. Pola súa banda, o Arenteiro de Marc Vidal está nun proceso de reconstrución do equipo, lastrado por problemas económicos, e busca gañar confianza tras o seu difícil inicio de liga. Pola súa p…
3 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser