← Volver La Voz de Galicia

O Premio Pedra Alta 2024 é para o historiador Edelmiro Martínez Cerredelo

O Premio Pedra Alta 2024 é para o historiador Edelmiro Martínez Cerredelo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O historiador limiao, Edelmiro Martínez Cerredelo (Miro)

O Museo da Limia recoñece a longa traxectoria do investigador limiao
21 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo da Limia, ubicado en Vilar de Santos, acollerá o día 9 de novembro o acto de entrega do Premio Pedra Alta, que o seu padroado otorga a persoas ou entidades cuxa obra ou labor é capaz de proxectar unha pegada merecente de recoñecemento nas terras do Limia ou, sendo nacido nelas, proxecta fóra o nome desta comarca ourensán. Quen recibirá nesta edición ese recoñecemento é o historiador Edelmiro Martínez Cerredelo (Xinzo de Limia, 1946). 

Na persoa de Miro, que é como se lle coñece entre os máis achegados, o Museo da Limia quere «renderlle unha homenaxe aos eruditos locais, que mercé ao seu esforzo e teimosía tanto levan contribuído ao coñecemento da historia que nos nos é máis próxima», matiza a resolución do padroado. Edelmiro Martínez Cerredelo ten xa o título de Fillo Predilecto de Xinzo de Limia dende o 2022, e o xurado destaca os numerosos méritos acumulados para obter tamén este Predra Alta. Lembra que dende que no ano 2006 obtivo o título de Graduado Universitario Sénior pola Universidade de Vigo acometeuo un «intenso e fecundo traballo de investigación e difusión centrado na memoria máis próxima das terras da Limia, un campo case ermo antes del».O seu primeiro libro foi A prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925). Dous anos máis tarde, ve a luz a Historia e memoria. A Limia:1931-1953.
O labor pescudador e divulgador levouno a indagar en períodos máis afastadosda historia, como queda patente en Julián Toubes (1796-1870. O correxedor que quixo desecar a lagoa (2009). Historia de Xinzo de Limia; ou Xinzo de Limia na memoria, do 2012 e o 2016, respectivamente, foron outros dos seus traballos. Destaca tamén o xurado tres das súas obras que abordan a traxectoria de manifestacións lúdico-culturais do territorio: Antela Fútbol Club. Centenario 1919-2019; O Entroido en Xinzo de Limia. Tradición. Respecto. Sentimento; e Historia Musical de Xinzo de Limia, traballo publicado no 2021. Tamén fan fincapé na súa colaboración con revistas e periódicos. «Edelmiro Martínez Cerredelo ilumina cos seus traballos e co seu saber distintas épocas da historia da chaira limiá que dormían no silencio e no esquecemento, espléndido agasallo para a veciñanza que se pode reconciliar agora co seu pasado e fai memoria de persoas e acontecementos que propiciaron A Limia de hoxe», destaca o fallo do xurado.

O galardón, unha réplica en granito da Pedra Alta feita polo escultor Xosé Lois Carreira, e o diploma que acompaña ao recoñecemento, terá lugar o 9 de novembro nun acto que contará co acompañamento musical do pianista Luis Humberto Cao e do tenor Baldomero Pavón, e concluirá con un cocido limiao.

Archivado en: Ourense ciudad Xinzo de Limia Historia Vilar de Santos Carnaval

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Campus de Ourense Carnaval Entroido Historia La Voz de Galicia Ourense ciudad prensa vilar de santos Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Concluído o xuízo contra dúas mulleres por tráfico de roupa falsificada en Ourense
La Voz de Galicia Concluído o xuízo contra dúas mulleres por tráfico de roupa falsificada en Ourense
A sección penal de Ourense resolveu o caso contra dúas mulleres acusadas de cometer un delito contra a propiedade industrial. A Fiscalía solicita para ambas unha condena de un ano de prisión. Os feitos O caso remóntase ao 7 de agosto de 2020, cando a Garda Civil de Tráfico interceptou un vehículo que sufriu unha avería no quilómetro 193 da autovía A-52, nas proximidades de Xinzo de Limia. Durante a inspección, os axentes descubriron que as ocupantes transportaban unha gran cantidade de roupa f…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Progreso no caso do atraco violento en Lobios: posible pacto para evitar o xuíz
La Voz de Galicia Progreso no caso do atraco violento en Lobios: posible pacto para evitar o xuíz
Un empresario da construción de 74 anos, residente en Vilameá (Lobios), foi vítima dun asalto extremadamente violento na madrugada do 19 de xaneiro de 2025. Os atacantes, que buscaban un importe de 150.000 euros, acabaron levando 6.000 euros, reloxes e xoiás. Durante o incidente, a vítima foi maniatada e golpeada con gran ferocidade, sufrindo feridas graves que o obrigaron a permanecer na UCI. Tras unha vista preliminar ante a sección penal de Ourense, non se conseguiu un acordo para encerrar o…
5 de junio de 2026 2 min lectura
Aplazado el juicio en Ourense contra unos padres acusados de agredir a un bebé de pocos meses que llegó al hospital con varios huesos rotos
La Voz de Galicia Aplazado el juicio en Ourense contra unos padres acusados de agredir a un bebé de pocos meses que llegó al hospital con varios huesos rotos
Imagen de archivo del Tribunal de Instancia de Ourense. M. FERNÁNDEZ La Fiscalía reclama más de veinte años de prisión para los progenitores, que no han vuelto a ver su hija desde los hechos, ocurridos hace casi cuatro años 18 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h. Las heridas que presentaba una bebé que, con poco más de un mes, llegó al hospital con huesos como el fémur, la tibia y el peroné rotos alarmaron a las autoridades en el mes de octubre del añ…
18 de junio de 2026 2 min lectura