← Volver Concello de Xinzo de Limia

ALIMAGRO e PROLIMIA superan expectativas con máis de 10.000 visitantes

ALIMAGRO e PROLIMIA superan expectativas con máis de 10.000 visitantes

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 02 de setembro de 2024.   A fin de semana das feiras ALIMAGRO e PROLIMIA celebrouse con éxito rotundo en Xinzo de Limia, reunindo máis de 10.000 persoas ao longo dos tres días de duración. Este resultado representa un notable incremento na asistencia con respecto a edicións anteriores, demostrando que a decisión de combinar ambos eventos foi un verdadeiro acerto, conseguindo atraer un maior número de visitantes á localidade.
A participación dos expositores e do público foi exemplar, destacando a dedicación, o sacrificio, a ilusión e o compañeirismo que fixeron posible que ambas feiras brillasen con luz propia. A carpa da Feira da Pataca, o pavillón que acolleu a Feira do Comercio e a zona do Parque do Toural coa maquinaria agrícola estiveron cheos de actividade e visitantes durante toda a fin de semana. 
Entre os eventos máis destacados, a tortilla xigante bateu récord de asistencia, converténdose nun dos grandes atractivos da feira. Os xogos de bingo organizados por PROLIMIA congregaron a centos de persoas, mentres que os sorteos finais e a variada oferta de produtos conseguiron que o domingo pola tarde os tres espazos das feiras estivesen abarrotados. Tamén as xornadas técnicas de ALIMAGRO e as diversas charlas e actividades acadaron un éxito de participación, consolidando estas feiras como un evento de referencia.
O impacto económico foi notable, superando todas as expectativas en comparación con anos anteriores. O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, subliñou que a decisión de unir ambas feiras “foi unha gran idea, potenciáronse mutuamente e converteron a fin de semana nun éxito sen precedentes”.  Con este éxito, xa se comeza a falar das próximas edicións, que chegarán á súa VI convocatoria no ano 2025, mantendo o compromiso de seguir impulsando o sector agroalimentario e o comercio local en Xinzo de Limia.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Portadas xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
Concello de Xinzo de Limia Xinzo facilitará a creación do centro de LIMISI en Morgade e fixa os festivos de 2027
O Concello de Xinzo de Limia aprobou bonificar os impostos para as obras do novo centro ocupacional de LIMISI en Morgade. Ademais, o pleno acordou os festivos locais para o ano que vén e anunciou que rematará de pagar a súa débeda catro anos antes do previsto. A medida principal da sesión plenaria desta semana busca axilizar a construción do Centro Ocupacional de LIMISI. Ao eliminar taxas municipais para a obra, o goberno local agarda que os traballos comecen canto antes. Estes foron outros as…
27 de agosto de 2026 2 min lectura
Xinzo acolle un curso sobre inclusión social ata o 10 de outubro
Diario do Limia Xinzo acolle un curso sobre inclusión social ata o 10 de outubro
O Concello de Xinzo de Limia e a Universidade de Santiago (USC) puxeron en marcha esta semana un curso de formación sobre participación e integración social destinado a veciños e profesionais. A formación, que xa comezou, desenvolverase durante a fin de semana ata o próximo 10 de outubro. O programa é flexible e combina clases presenciais con sesións virtuais. O temario está dividido en catro bloques prácticos sobre como mellorar a convivencia: A escola como lugar de encontro entre familias e…
18 de septiembre de 2026 1 min lectura
Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama
Concello de Sandiás Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama
O Concello de Sandiás informa das paradas e horarios do autobús habilitado para o traslado a Ourense os días 5, 6 e 7 de outubro dentro do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. Paradas e horarios: 📍 Vilariño das Poldras – 8:00 h e 11:45 h📍 Couso de Limia – 8:05 h […] La entrada Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama se publicó primero en Concello de Sandiás.
22 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser