← Volver Concello de Xinzo de Limia

BENQUERER: A nova aposta de Xinzo pola igualdade e o respecto

BENQUERER: A nova aposta de Xinzo pola igualdade e o respecto

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 13 de agosto de 2024. O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, puxo en marcha BENQUERER: un programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Esta iniciativa do Concello de Xinzo de Limia ten como obxectivo promover a igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero a través da educación nas prácticas e valores de bo trato como modelo alternativo ao maltrato para a construción de vínculos igualitarios. Dende BENQUERER fomentarase a resolución positiva de conflitos, o reparto de tarefas e responsabilidades, o diálogo, a non discriminación e o respecto á diversidade.
O programa inclúe obradoiros dirixidos o público en xeral que complementarán no mes de setembro con actividade nos colexios e institutos de Xinzo coordinadas dende o CIM.
O programa BENQUERER inclúe tamén a Liña Malva, un servizo de atención continuada a través dunha liña telefónica para a información, asesoramento e primeira atención en situacións de maltrato, relacións, saúde e sexualidade. Un servizo posto a disposición en horario amplo (de 9 a 21h) no 669945220, atendido por profesionais especializadas que brindan escoita, cercanía, confianza, libres de xuízos e facilitando a comunicación e a atención.
Este proxecto do Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
 

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Servicios Sociais xinzo
Tamén che pode interesar
II obradoiro “Límites con corazón”. Familias e crianzas
Concello de Sandiás II obradoiro “Límites con corazón”. Familias e crianzas
II OBRADOIRO “LIMITES CON CORAZÓN”. FAMILIAS E CRIANZAS. Neste segundo obradoiro aberto a todas as familias vaise traballar sobre como establecer normas desde o afecto, o respecto e a coherencia. Moitas veces asociamos poñer límites coa dureza ou o distanciamento pero a realidade é que os límites tamén son unha expresión do amor. Axudan a […] La entrada II obradoiro “Límites con corazón”. Familias e crianzas se publicó primero en Concello de Sandiás.
11 de junio de 2026 1 min lectura
Axudas da Deputación de Ourense para reformas e equipamento técnico para maiores de 65 anos
Diario do Limia Axudas da Deputación de Ourense para reformas e equipamento técnico para maiores de 65 anos
A Deputación Provincial de Ourense abriu o prazo para solicitar subvencións destinadas a mellorar a habitabilidade e a autonomía doméstica de persoas maiores de 65 anos. O período de solicitude estendeuse desde o 18 de maio ata o 18 de xuño de 2026 e debe realizarse a través da sede electrónica da institución. Requisitos para os beneficiarios Idade: Ter máis de 65 anos ou cumpilos durante o presente exercicio. Residencia: Estar empadroado nun municipio da provincia de Ourense que teña menos d…
18 de mayo de 2026 1 min lectura
Música, contos e danza para fortalecer os lazos familiares en Sandiás
Concello de Sandiás Música, contos e danza para fortalecer os lazos familiares en Sandiás
O PAI acolleu un obradoiro que promoveu a convivencia, a creatividade e a aprendizaxe compartida entre persoas adultas e crianzas O pasado venres, 5 de xuño, o Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Sandiás acolleu o obradoiro “Música e movemento en familia”, unha actividade dirixida por Getsemaní Valenzuela que reuniu familias nun espazo de encontro, […] La entrada Música, contos e danza para fortalecer os lazos familiares en Sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
9 de junio de 2026 1 min lectura