← Volver Concello de Xinzo de Limia

Máis de 500 escolares celebran en Xinzo o “XII Abraço ao Río Limia”

Máis de 500 escolares celebran en Xinzo o “XII Abraço ao Río Limia”

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 20 de xuño de 2024. Este xoves, a comunidade educativa de Xinzo de Limia recibiu a escolares de Ponte de Lima para celebrar o XII Abraço ao Río Limia, unha iniciativa conxunta entre o Concello de Xinzo e a Câmara de Ponte de Lima. Estas xornadas contan coa implicación dos CEIP Rosalia de Castro e CEIP Carlos Casares, que participan neste proxecto desde a súa cuarta edición no ano 2014. Nesta edición estiveron tamén representados o CE das Lagoas e o EB1 de Ponte de Lima.

Durante o acto central, máis de 500 escolares xuntáronse nun emotivo encontro arredor do río, uníndose polas mans para simbolizar o abraço. A continuación, realizaron unha plantación simbólica para reafirmar o compromiso común coa sustentabilidade ambiental. As actividades continuaron cun xantar e visitas culturais, incluíndo unha visita ao Museo Galego do Entroido.
O XII Abraço ao Río Limia fortalece as relacións entre as persoas participantes, e tamén serve como un recordatorio da capacidade dos ríos e da auga para unir comunidades. Estiveron presentes o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, concelleiros da corporación local, autoridades de Ponte de Lima e directores dos colexios implicados.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Educación xinzo
Tamén che pode interesar
Resurgiendo del rio da poeta, cantautora e profesora venezolana Nancy Conde: a poesía e as pezas líricas musicais como un bálsamo para transitar a nostalxia e a ausencia cara á resiliencia e  o renacemento
Concello de Sandiás Resurgiendo del rio da poeta, cantautora e profesora venezolana Nancy Conde: a poesía e as pezas líricas musicais como un bálsamo para transitar a nostalxia e a ausencia cara á resiliencia e  o renacemento
A poeta, cantautora e profesora venezolana Nancy Conde transforma, en Resurgiendo del río, a dor pola perda da súa filla, vítima dun feminicidio, en poesía, música, resiliencia e esperanza. O río convértese na metáfora dun camiño no que as bágoas e a nostalxia flúen cara á aceptación e ao renacemento. 📖 Unha obra íntima e […] La entrada Resurgiendo del rio da poeta, cantautora e profesora venezolana Nancy Conde: a poesía e as pezas líricas musicais como un bálsamo para transitar a nostalxia e a …
25 de septiembre de 2026 1 min lectura
Parcela 4
Concello de Vilar de Santos Parcela 4
Superficie : 4.184 m2 Titularidade: Concello Vilar de Santos Modalidade: Compra Parcela urbanizada con todos os servizos Máis información: Concello de Vilar de Santos · 988 46 58 83
9 de octubre de 2026 1 min lectura
Mercado de artesanía e produto local na Arca da Noe
Concello de Vilar de Santos Mercado de artesanía e produto local na Arca da Noe
Este domingo, 25 de outubro, A Arca da Noe acollerá un mercado de artesanía e produto local, unha iniciativa organizada polo propio establecemento. Unha oportunidade para coñecer diferentes propostas artesanais e produtos de proximidade. Toda a información sobre a actividade pode consultarse no cartel adxunto.
23 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser